seguridade privada

CIG-Servizos convoca unha manifestación de vixilantes na apertura do IKEA coruñés

09/7/10.
CIG-Servizos anima todos os vixilantes de seguridade a asistir á manifestación que convocou en coincidencia coa inauguración do IKEA na Coruña o 20 de xullo. A protesta servirá para dar a coñecer á cidadanía as demandas do sector, que reclama un convenio digno e con dereitos. A marcha dará comezo ás 10:00 horas.

A Audiencia Nacional considera que os asuntos propios na seguridade privada computan como tempo traballado

07/7/10.
A Sala do Social da Audiencia Nacional dálle a razón aos sindicatos na controversia xurdida en torno á interpretación e aplicación do artigo do convenio de seguridade privada que regula os asuntos propios. O tribunal entende que o goce deste permiso retribuído debe computarse como tempo efectivo de traballo aos efectos de determinar o cumprimento da xornada ordinaria mensual ou anual.

A patronal da seguridade ampárase no decretazo para empeorar a súa oferta

Seguridade privada Lugo
25/6/10.
Tan só unha semana despois de ter sido aprobado polo Goberno español, o decreto lei de reforma do mercado laboral xa está a incidir de maneira negativa na negociación colectiva. Amparándose na “importantísima incerteza” que están a ocasionar os cambios no marco normativo e aducindo que o importante é o “mantemento do emprego”, a patronal da seguridade privada considera “inviábel” a proposta económica que presentara o 12 de abril, que consistía na conxelación salarial en 2009 e 2010. Os sindicatos rexeitan esta medida.

Expedientan os asinantes do convenio de seguridade privada por “vulnerar a competencia”

23/4/10.
A “Comisión Nacional de la Competencia” incoou un expediente sancionador contra as organizacións empresariais e sindicais que asinaron o convenio estatal de seguridade privada dos anos 2005-2008. Este organismo administrativo entende que o artigo 14 do texto infrinxe a normativa sobre a defensa da competencia, “ao estabelecer un sistema de subrogación de traballadores nos servizos de transporte e manipulado de fondos que podería resultar excesivamente gravoso para as empresas adxudicatarias”.

O convenio galego é a única saída viábel para satisfacer as demandas dos vixilantes

seguridade_privada_pratarias_compostela.JPG
20/4/10.
A parálise na que se atopa a negociación do convenio estatal de seguridade privada está a reafirmar a CIG-Servizos na súa vella demanda de reclamar un texto galego para o sector. Actualmente esta é a única saída viábel para satisfacer as aspiracións dos vixilantes do noso país. O sindicato anima as outras centrais a que se unan a esta reivindicación e se mobilicen para conseguir que o convenio galego sexa unha realidade.

Os vaivéns dos sindicatos españois encoraxan a patronal da seguridade privada

manifestacion_seguridade_privada_compostela.jpg
13/4/10.
As propostas económicas de mínimos que defenden os sindicatos españois na seguridade privada, xunto co fracaso da UGT ao promover unha folga que posteriormente suspendeu, están a insuflar ánimos á patronal. Os empresarios, non contentos con pretender conxelar os salarios en 2009, queren agora estender esta medida ao ano 2010 e ampliar a vixencia do convenio até 2013.

UGT apraza a súa folga na seguridade privada

26/3/10.
UGT aprazou "provisionalmente" a folga que convocara en solitario na seguridade privada prevista para os días 29, 30 e 31 de marzo. Este sindicato xustifica a súa decisión na falta de apoio de USO e CC.OO e acusa o Ministerio de Interior de decretar servizos mínimos abusivos. CIG-Servizos xa manifestou que non vai apoiar folgas que non procuren melloras para os traballadores, como é o caso da que promove UGT no sector.

CIG-Servizos oponse á folga da UGT na seguridade privada por non pedir melloras

20090225_prosegur_agrela_03.jpg
25/3/10.
CIG-Servizos reafírmase no expresado no seu momento e non apoia a folga na seguridade privada convocada en solitario por UGT que se estenderá do 29 ao 31 de marzo. Os sindicato promotor dos paros oculta os motivos que os fundamentan e consente que o convenio sexa insuficiente ao dar por boas a conxelación salarial en 2009 e subas ínfimas para 2010 e 2011.

A Audiencia Nacional tamén dá a razón aos sindicatos no valor das horas extras na seguridade privada

15/3/10.
A Sala do Social da Audiencia Nacional emitiu unha sentenza desestimando a demanda de conflito colectivo que presentaran asociacións empresariais da seguridade privada sobre o valor das horas extras no sector.

Dispoñíbel unha táboa para calcular o valor das horas extras na seguridade privada

01/3/10.
CIG-Servizos facilita unha folla de cálculo para determinar o valor das horas extraordinarias no sector da seguridade privada, segundo os parámetros estabelecidos polo Tribunal Supremo sobre esta materia. A presente ferramenta poderá ser consultada permanentemente na sección da web “Dúbidas Laborais”.

Distribuir contido