seguridade privada

CIG-Servizos só apoiará a folga de UGT na seguridade privada para acadar melloras

Acción da seguridade privada na Coruña 5
01/2/10.
Ante o anuncio de convocatoria de folga e mobilizacións na seguridade privada que realizou UGT, CIG-Servizos manifesta que só se adherirá a estas medidas de protesta se con elas se pretenden conseguir melloras nas condicións e salarios dos traballadores do sector. Cómpre lembrar que UGT dá por boas a conxelación salarial en 2009 e subas do 1´8% para 2010 e 2011, condicións que rexeita taxativamente a central nacionalista.

Os conceptos retributivos de natureza salarial entran no cálculo do valor das horas extras na seguridade

29/1/10.
A Asesoría Xurídica Nacional da CIG entende que, na cuestión do valor da hora ordinaria para os efectos do cálculo da extraordinaria no sector da seguridade privada, entran todos os conceptos retributivos de natureza salarial e, por conseguinte, fican excluídos os pluses de transporte e vestiario, de acordo cos criterios estabelecidos pola sentenza do Tribunal Supremo do 21 de febreiro de 2007.

Retómanse as mobilizacións na seguridade privada

Acción da seguridade privada na Coruña 9
04/12/09.
Persoal de seguridade privada retomou o 4 de decembro na Coruña as accións de protesta para reactivar a negociación colectiva, paralizada como consecuencia das ofertas regresivas da patronal. Traballadores montaron barricadas nos accesos das instalacións de Prosegur en Agrela (A Coruña) e impediron a saída de furgóns blindados durante tres horas.

A Fiscalía emite un informe favorábel sobre o recurso dos sindicatos acerca das horas extras na Seguridade

30/10/09.
Un escrito da Fiscalía do Tribunal Supremo conclúe que debe considerarse parcialmente procedente o recurso dos sindicatos contra unha sentenza da Audiencia nacional sobre as horas extraordinarias no sector da Seguridade privada. O Alto Tribunal español resolverá o litixio o 3 de novembro.

CIG-Servizos mobilizarase ante o bloqueo do convenio de Seguridade privada

seguridade_mani.jpg
28/10/09.
O bloqueo da negociación do convenio de Seguridade privada, onde a patronal ofrece conxelar os salarios en 2009 e unha suba de 6 euros ao mes para 2010, obriga a CIG-Servizos a se mobilizar para inverter a situación. USO e UGT, culpábeis da quebra da unidade de acción, escenificaron unha pantomima ao dar por rotas as negociacións, cando as súas propostas coinciden ao 95% coas dos empresarios.

Celebradas con éxito as xornadas de Saúde Laboral para o persoal de Seguridade e Limpeza hospitalaria

IMG_0016.jpg
19/10/09.
As xornadas nacionais de Saúde Laboral destinadas ao persoal de Seguridade privada e de Limpeza hospitalaria, que organizou CIG-Servizos o 15 de outubro en Compostela, foron todo un éxito. Nos encontros analizouse tamén a situación actual da negociación colectiva en ambos sectores.

No caso da Seguridade privada, abordáronse de igual xeito outros temas que incumben os traballadores como o intrusismo existente na profesión ou a estratexia sindical que se debe trazar no sector a curto e medio prazo.

Traballadores da seguridade privada do centro comercial de Narón convocan unha nova folga

19/10/09.
O persoal de seguridade do centro comercial de Narón terá que se mobilizar máis unha vez debido a que a empresa Syser non lle pagou o salario de setembro. Entre as medidas de presión encóntrase unha nova convocatoria de folga.

As protestas repetiranse pois os traballadores/as sufriron unha situación idéntica o mes pasado cando aínda non percibiran a paga extraordinaria de xullo nin a mensualidade de agosto.

Traballadores/as de seguridade privada continúan as protestas impedindo a saída dos furgóns blindados de Prosegur

protesta01.jpg
18/10/09.

Reclaman á patronal do sector que mova as súas posturas para negociar un convenio digno que recolla melloras salariais e sociais

Repetindo a imaxe do pasado febreiro, traballadores e traballadoras da seguridade privada procedentes de todo o País, retomaron as protestas para esixir un convenio digno para o sector impedindo a saída dos furgóns blindados da sede de Prosegur en A Coruña e atrasando así os servizos que a empresa presta aos seus clientes, principalmente entidades bancarias, até ás nove da mañá.

Dende as seis da mañá, uns cen traballadores e delegados/as de CIG e CCOO, organizacións que convocaron a mobilización, posicionáronse diante das portas da nave de Prosegur no Polígono de A Grela, cortando a saída dos furgóns blindados da empresa cunha barricada de lume que lograron manter acesa até as nove da mañá, momento no que unha dotación de bombeiros procedeu a apagar o que quedaba das chamas e limpar os restos para permitir a saída dos camións.

Con esta nova protesta, que dá continuidade ás mobilizacións que dende hai un ano veñen desenvolvendo os traballadores/as do sector, preténdese presionar á patronal na procura de acadar un convenio digno, que recolla verdadeiras melloras sociais e salariais e que equipare as desiguais condicións que existen entre os vixiantes.

Así mesmo, quérese reclamar a negociación dun convenio colectivo de ámbito galego, logo do fracaso das negociación levadas a cabo en Madrid dentro do marco do Convenio Estatal. Negociacións que racharon hai meses e nas que a CIG presentou a súa última plataforma o pasado mes de setembro. Pola súa banda, UGT e USO descolgáronse hai tempo da unidade sindical e mesmo chegaron a estar preto dun preacordo (cunha plataforma que se asemellaba nun 95% á presentada polo empresariado), que finalmente non se chegou a asinar.

As propostas patronal e de UGT e USO na Seguridade privada son insuficientes

P1490056_grande.jpg
09/10/09.
A decimoterceira xuntanza da comisión negociadora do convenio de Seguridade privada non deparou sorpresa algunha. CIG-Servizos segue a valorar como insuficientes tanto a oferta patronal como a proposta realizada por UGT e USO, sindicatos responsábeis da quebra da unidade de acción.

Compostela acollerá a IV Xornada Nacional de Seguridade Privada da CIG-Servizos

xornada_seguridade_20091015.jpg
07/10/09.
O Hotel Congreso de Compostela acollerá o 15 de outubro a celebración da IV Xornada Nacional de Seguridade Privada que organiza a CIG-Servizos. No encontro informarase da negociación do convenio e analizaranse a estratexia no sector a curto e medio prazo, ademais do intrusismo ou as eleccións sindicais, entre outros temas.

Distribuir contido