seguridade privada

CIG-Servizos presenta a súa propia plataforma de convenio para a Seguridade privada

P1490044_grande.jpg
24/9/09.
Mantense o contubernio de UGT e USO coa patronal da Seguridade privada. Ambas centrais non lles entregaron unha copia da súa proposta de convenio aos outros dous sindicatos presentes na mesa (CIG-Servizos e CC.OO). Este feito manifesta abertamente a intención de UGT e USO de pactar un texto cos empresarios ocultándolles información aos traballadores. CIG-Servizos, pola súa banda, presentou a súa propia plataforma de convenio.

Desconvócase a folga en Syser tralo pagamento dos salarios aos vixilantes

24/9/09.
A empresa de seguridade Syser ingresoulles, o 24 de setembro, as cantidades adebedadas aos traballadores (paga extra de xullo e salario de agosto). Por tanto, a folga que estaba previsto que comezase o 25 de setembro ficou desconvocada.

Syser é a contrata encargada do servizo de seguridade no centro comercial de Narón. Os vixilantes, apoiados pola CIG-Servizos, mobilizáronse o pasado 21 de setembro na grande superficie comercial para esixir o pagamento dos salarios, agora abonados.

UGT e USO avalan a proposta da patronal da Seguridade privada, que non inclúe melloras salariais

seguridade_privada_protesta.jpg
18/9/09.
Semella que as negociacións do convenio estatal de Seguridade privada están a seguir un guión preestabelecido pola patronal e mailas centrais UGT e USO, responsábeis da quebra da unidade de acción.

Ambos sindicatos seguen considerando “un avance” a proposta dos empresarios en materia salarial, argumentando con mentiras que non só mantén o poder adquisitivo senón que o incrementa "ao ser unha suba de 0´15% sobre o IPC".

Haberá folga en Syser, contrata da seguridade privada no centro comercial de Narón

17/9/09.
Os traballadores Syser, empresa encargada da seguridade do centro comercial de Narón, manterán seis xornadas de folga para esixir o pagamento das nóminas atrasadas. A día de hoxe, a empresa, con sede nas Illas Canarias, ten pendentes de aboar aos vixilantes a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto.

Traballadores do servizo de seguridade do centro comercial de Narón levan un mes sen cobrar

15/9/09.
Os cinco traballadores da empresa Syser, concesionaria da seguridade privada do centro comercial de Narón, aínda non percibiron o último salario nin a paga extraordinaria. Por este motivo, a CIG-Servizos de Ferrol mobilizouse xa en dúas ocasións, a última o 11 de setembro.

A central sindical nacionalista tamén solicitou unha reunión coa xerencia do centro comercial para que medie neste conflito coa intención de buscar unha solución ao impagamento de salarios.

UGT e USO rachan a unidade sindical na Seguridade privada

DSC01062_grande.jpg
17/7/09.
A oitava xuntanza da negociación do convenio estatal de Seguridade privada para os anos 2009-2011, celebrada en Madrid o 16 de xullo, escenificou a ruptura da unidade sindical. UGT e USO presentaron unha proposta de negociación sen o consenso da CIG e CCOO, sindicatos que avogan por manter a oferta de mínimos recollida na acta da xuntanza do 20 de xaneiro.

Anulado parcialmente o artigo 149.5 do Regulamento de Seguridade Privada

18/1/09.
A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza que anula en parte o artigo 149.5 do Regulamento de Seguridade Privada.

O Alto Tribunal español declara que o inciso que estabelecía "incluíndo o da superación dos correspondentes cursos de actualización e especialización coa periodicidade estabelecida" non é conforme a Dereito e, por tanto, anúlase.

Distribuir contido