Torre de Hércules

A CIG-Servizos denuncia “a chapuza anunciada” nas obras do Concello da Coruña na Torre de Hércules

Tras permanecer pechado durante seis meses “o faro está practicamente igual, agás que mudaron os traballadores/as
21/6/12.
A CIG-Servizos vén de criticar “a chapuza” das obras proxectadas polo Concello da Coruña para a Torre de Hércules, que o xoves volveu abrir as súas portas tras permanecer pechada “por capricho político” ao público dende o pasado mes de xaneiro.

Extraballadores/as da Torre de Hércules expoñen a situación “real” do faro ao consultor da Unesco

Traballadores con Paul Simons
04/5/12.
Un grupo de extraballadores e traballadoras da Torre de Hércules expuxeron este venres, nun encontro informal, o conflito “real” que existe no faro romano a Paul Simons, membro do Comité Británico de Icomos –organismo consultor da Unesco-, que estes días visita a Coruña no marco da elaboración do novo Plan Director da Torre de Hércules. O membro do Icomos transmitiulles a súa solidariedade e indicou que estudará a carta que o persoal remitiu hai unhas semanas á Unesco.

CIG-Servizos anima a participar na marcha a prol da reapertura da Torre de Hércules

20120413_presentacion_marcha_torre_de_hercules.jpg
16/4/12.
A Federación de Servizos da CIG secunda a marcha que organiza para o 22 de abril a Asociación de Veciños de Atochas – Monte Alto a prol da apertura da Torre de Hércules, pechada arbitrariamente polo Concello o 15 de xaneiro. A manifestación partirá ás 17:00 horas desde a estatua de Breogán, no contorno do faro, e decorrerá pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Campo da Leña e concluirá diante do Concello, na praza de María Pita.

Os ex traballadores da Torre de Hércules consideran ilegal o proceso selectivo do novo persoal

encadeamento_en_maria_pita.jpg
16/3/12.
Os antigos traballadores da Torre de Hércules consideran ilegal o proceso selectivo emprendido polo Consorcio de Turismo para prover as prazas do persoal do faro a través de contratos temporais. Os ex traballadores advertiron que continuarán adiante co seu calendario de mobilizacións e coas reclamacións pola vía xudicial.

Persoal da Torre de Hércules permanece unha noite en vixilia en María Pita

20120301_vixilia_do_persoal_da_torre_de_maria_pita.jpg
02/3/12.
Os ex empregados e empregadas da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa dos seus postos e para esixir unha reunión co alcalde da cidade. Nesta ocasión, o persoal realizou unha vixilia na noite do 1 ao 2 de marzo nos soportais da casa consistorial, na Praza de María Pita.

Continúa o boicot do Concello da Coruña ás mobilizacións do persoal da Torre

20120228_sinaturas_na_torre.jpg
28/2/12.
Antigos traballadores da Torre de Hércules aguantaron unhas horas acampados ao pé do monumento, o 25 de febreiro, até que a policía local os desaloxou. O faro leva mes e medio pechado ao público e os empregados aínda non recibiron garantía algunha da súa subrogación. Mentres, o persoal entregou no rexistro municipal 8.600 sinaturas de apoio.

Os antigos empregados da Torre de Hércules péchanse no Consorcio de Turismo

20120201_ocupacion_consorcio_Turismo
01/2/12.
Os traballadores despedidos da Torre de Hércules permaneceron unha tarde pechados na sede do Consorcio de Turismo da Coruña co propósito de que os recibise a concelleira do sector ou o alcalde. Os empregados tiveron que pór fin ao encerro por mor da indisposición dunha das compañeiras, que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

O persoal da Torre prosegue co calendario de mobilizacións

20120125_persoal_da_torre_en_maria_pita.jpg
26/1/12.
Os 13 traballadores despedidos da Torre de Hércules continúan coas mobilizacións para demandar a súa readmisión. O persoal realizou un acto simbólico na tardiña do 25 de xaneiro, que consistiu en reproducir o faro con candeas na Praza de María Pita. O Goberno local segue a ignorar este colectivo e non accede a se reunir con el, pese a que hai xa un mes que se rexistrou unha solicitude de entrevista co alcalde.

Traballadores da Torre difunden as súas demandas entre as delegacións internacionais en FITUR

De esquerda a dereita: T. Pedreira, traballador da Torre; ministra de Turismo de Palestina; Álex Expósito (UGT) e A. Naya (CIG).
21/1/12.
Dous traballadores da Torre de Hércules e representantes da CIG-Servizos e UGT repartiron, nos dous días de estadía en FITUR, milleiros de panfletos informativos sobre o peche do faro e a perda dos 13 postos. As catro persoas desprazadas até Madrid conseguiron o apoio de diversas delegacións internacionais como a nepalí, a boliviana ou mesmo da ministra de Turismo de Palestina.

Informan os asistentes a FITUR, en Madrid, do conflito da Torre de Hércules

20120120_fitur_madrid.jpg
20/1/12.
Un traballador da Torre de Hércules e o secretario de Organización da CIG-Servizos trasladáronse até Madrid para informar os asistentes a FITUR (Feira Internacional de Turismo) sobre o conflito laboral desencadeado tralo peche do faro e a perda dos 13 postos. Ambos están a repartir o manifesto lido na concentración do 15 de xaneiro.

Distribuir contido