V Congreso Nacional

Servizos confírmase como a Federación máis plural da CIG

Paulo Rubido pronuncia o discurso de clausura
11/4/10.
A nova Executiva Federal da CIG-Servizos recibiu o apoio do 95% dos votos emitidos no V Congreso, celebrado en Compostela o 10 de abril. Este organismo experimentou unha renovación significativa coa incorporación de 6 novos membros. Paulo Rubido foi reelixido secretario nacional co 92% das papeletas emitidas. Servizos confírmase como a Federación máis plural da CIG e como a primeira en afiliados/as.

V Congreso Nacional: “Obreira é a nosa clase, galega é a nosa lingua”

plotter.jpg
30/3/10.
CIG-Servizos celebrará o V Congreso Nacional o 10 de abril no Palacio de Congresos de Compostela baixo os lemas “Obreira é a nosa clase, galega é a nosa lingua” e “Non ao recorte dos dereitos laborais”. O primeiro slogan sintetiza os dous obxectivos básicos que persegue a Federación: a emancipación de clase e a liberación nacional. O segundo manifesta a oposición rotunda ás tentativas do Goberno español de minguar conquistas sociais que os traballadores e traballadoras conseguiron coa súa loita ao longo de moitos anos.

Dispoñíbeis os documentos do V Congreso da CIG-Servizos

08/2/10.
CIG-Servizos pon a disposición da afiliación os documentos do V Congreso da Federación, que se ha celebrar en Compostela o 10 de abril. Xa se poden consultar o regulamento congresual e os relatorios de Estatutos, Organización e de Negociación Colectiva e Acción Sindical.

Xa está dispoñíbel o regulamento precongresual

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
30/11/09.
A páxina web da Federación de Servizos da CIG pon a disposición da afiliación o regulamento precongresual do V Congreso Nacional da CIG-Servizos, que se desenvolverá en Compostela o 10 de abril de 2010. O documento pódese descargar no interior da noticia.

O V Congreso da CIG-Servizos celebrarase o vindeiro 10 de abril

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
14/9/09.
O Consello Nacional da Federación de Servizos da CIG aprobou, na reunión do 10 de setembro, que o V Congreso Nacional da CIG-Servizos se celebre o 10 de abril de 2010 en Compostela.

O regulamento precongresual, así como o calendario de realización das asembleas comarcais federativas, as datas das votacións e o número de congresitas serán aprobados na reunión do Consello Nacional do vindeiro 5 de novembro.

Distribuir contido