Vigo

CIG-Servizos mobilízase contra o recorte horario na limpeza bancaria

20100118_limpeza_bancos_vigo
19/1/10.
Ducias de delegados/as chegados desde diferentes comarcas do país mobilizáronse en Vigo o 18 de xaneiro onde protagonizaron protestas en sucursais de Caixanova e BBVA para censurar o recorte de horas aos traballadores/as da limpeza.

As accións consistiron en concentracións no exterior e ocupacións de oficinas. Representantes sindicais lograron entrevistarse cos directores das sucursais para lles trasladar as demandas dos empregados/as da limpeza, mulleres na súa maioría con contratos a tempo parcial.

A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despide tres afiliadas en Vigo

20100113_flunch_vigo.2.jpg
14/1/10.
A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despediu nos días pasados tres afiliadas da CIG-Servizos no centro de traballo situado no Alcampo de Coia, en Vigo. As compañeiras tiñan unha antigüidade na empresa próxima aos 25 anos e dúas delas foran delegadas do comité. A compañía alega causas económicas nos despedimentos, extremo que non comparte a central nacionalista. CIG-Servizos organizou unha concentración solidaria o 13 de xaneiro ás portas deste estabelecemento hostaleiro.

Os comités dos Alcampo de Vigo proseguen coas mobilizacións contra o cambio de horarios

09/1/10.
Continúan as concentracións do persoal dos Alcampo de Vigo contra a intención da empresa de modificar os horarios de maneira unilateral. Traballadores e traballadoras, apoiados pola CIG-Servizos, mobilizáronse o 7 de xaneiro ás portas dos estabelecementos que a multinacional francesa posúe en Coia e na avenida de Madrid.

A limpeza de Caixanova e do BBVA recorta horas aos traballadores/as

07/1/10.
CIG-Servizos vén de presentar un conflito colectivo como consecuencia do recorte de horas aos traballadores/as pertencentes ás empresas de limpeza de entidades de aforro e bancarias como Caixanova e BBVA. O vindeiro 18 de xaneiro realizarase unha concentración en Vigo, ás 12:00 horas, diante da oficina central de Caixanova na cidade.

Os empregados dos Alcampo vigueses mobilizaranse contra o cambio de horarios

16/12/09.
A asemblea de traballadores/as dos Alcampo de Vigo decidiu presentar un conflito colectivo e mobilizarse contra a modificación dos horarios imposta pola multinacional francesa de grandes almacéns. As primeiras concentracións celebraranse os días 19 e 23 de decembro.

CIG-Mocidade anima a non mercar os domingos e festivos

campanha_cig_mocidade.jpg
13/12/09.
CIG-Mocidade de Vigo iniciou o 13 de decembro unha serie de concentracións contra o consumismo e a explotación laboral no Nadal que leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!”. A campaña está a ser difundida coa colada de 400 cartaces e co reparto de 3.000 follas informativas. CIG-Mocidade anima a non mercar os domingos e festivos e a deixar de acudir aos centros comerciais como unha forma de lecer.

Aumentan as protestas do Comercio de Alimentación a dous días para a folga

Ferrol: protesta no Comercio de Alimentación 2
25/11/09.
O persoal do Comercio de Alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra continúa coas protestas previas á xornada de folga do 27 de novembro. Traballadores e traballadoras concentráronse, o 24 de novembro, diante de estabelecementos das principais empresas do sector na Coruña, Ferrol, Narón, Compostela, Milladoiro, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

CIG-Servizos felicítase pola readmisión da compañeira Consuelo Martínez

Consuelo Martínez
12/11/09.
CIG-Servizos congratúlase pola sentenza que declara nulo o despedimento da compañeira Consuelo Martínez e que obriga Povisa a readmitila. A Federación entende que esta resolución fai xustiza nun caso de conculcación flagrante da liberdade sindical, pois Consuelo, delegada de persoal, fora despedida como represalia por ter xogado un papel destacadísimo na folga desenvolvida hai meses nesa clínica privada viguesa.

Unha marcha polo centro de Vigo visualiza o conflito dos xeriátricos

20091104_xeriatricos_vigo.jpg
05/11/09.
Por volta dun centenar de traballadores tomou parte nunha concentración e posterior marcha polas rúas de Vigo para demandar un convenio digno e con dereitos para o sector dos xeriátricos privados. Os manifestantes comezaron a xornada congregándose no exterior da residencia Sanitas, na rúa do Conde da cidade olívica.

Distribuir contido