comercio vario

A folga contra a ampliación dos horarios en Catro Camiños pecha máis do 90% das tendas

20111228_folga_catro_caminhos.jpg
29/12/11.
Máis do 90% dos estabelecementos do centro comercial Catro Camiños, na Coruña, pechou na folga do 28 de decembro contra a ampliación do horario de apertura até as 22:00 horas. Agás C&A, todas as tendas do Grupo Inditex, Cortefiel e unha parte importante do pequeno comercio secundaron o paro desenvolvido entre as 21:00 e 22:00 horas. A folga será indefinida a partir do 9 de xaneiro no caso de que a dirección do centro e as multinacionais non desistan dos seus propósitos.

Persoal do centro comercial Catro Camiños mobilízase contra a ampliación dos horarios

20111220_catro_caminhos.jpg
20/12/11.
Traballadores e traballadoras do centro comercial Catro Camiños, na Coruña, concentráronse diante da porta principal, a primeira hora do 20 de decembro, para amosar a súa repulsa perante os plans das grandes empresas asentadas nesta superficie de ampliar o horario de apertura até as 22:00 horas. A convocatoria da protesta partiu da CIG-Servizos, UGT e CC.OO.

O Grupo Cortefiel rebaixa as retribucións a empregados

20111020_Cortefiel_Corunha
20/10/11.
O comité de empresa denuncia que o Grupo Cortefiel rebaixou unilateralmente os salarios e que está a incumprir reiteradamente o convenio e a lexislación laboral. Traballadores e traballadoras realizaron unha concentración o 20 de outubro na Coruña ás portas da tenda Springfield da Rúa Real en protesta por esta situación. Parte do persoal está a percibir entre 100 e 300 euros menos ao mes.

Persoal de Zara segue a denunciar fraude na contratación

Zara da Praza de Galiza de Compostela (foto de Galiza Contrainfo)
11/10/11.
Persoal de Zara da provincia da Coruña concentrouse, o 11 de outubro, diante do estabelecemento da Praza de Galiza de Compostela para denunciar o incumprimento do convenio. As traballadoras a tempo parcial están vendo como se lles conculca o dereito preferente de incrementar a súa xornada fronte á celebración de novas contratacións.

Pimkie pecha a súa tenda na Coruña e deixa na rúa seis traballadoras

Contra o peche da tenda de Pimkie na Coruña 02
05/10/11.
A multinacional francesa do comercio téxtil Pimkie vai pechar a súa tenda na Coruña, decisión que deixará na rúa seis traballadoras a partir do 9 de outubro. CIG-Servizos considera estes despedimentos fraudulentos e contrarios a dereito. A firma quere desfacerse destas empregadas da maneira máis barata posíbel, alegando causas obxectivas por motivos económicos, con tan só 20 días de indemnización por ano traballado. O sindicato mobilizouse diante da tenda o 5 de outubro e xa prepara medidas legais para impugnar os despedimentos.

O sindicato pasa de unha a cinco delegadas e obtén a maioría absoluta en Cortefiel da Coruña

Contra os despedimentos en Cortefiel 2 (20090717)
11/7/11.
CIG-Servizos alzouse coa maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial coruñés do Grupo Cortefiel tras conseguir cinco delegadas de nove. A cadea que agrupa as tendas de moda CORTEFIEL, SPRINGFIELD, WOMEN’SECRET e FIFTY FACTORY conta con máis de 100 traballadores e traballadoras distribuídas na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Culleredo. Hai catro anos a central nacionalista tan só contaba cunha representante.

Yudigar despide unha delegada da CIG-Servizos en pleno proceso electoral

20080718_isidro_de_la_cal_02.jpg
10/6/11.
Yudigar despediu unha delegada e candidata da CIG-Servizos despois de que o sindicato preavisase as eleccións. Esta empresa dedicada á venda de mobiliario e equipamento comercial pretende enmascarar esta represalia alegando causas económicas e ofrecendo unha indemnización de 20 días por ano traballado. CIG-Servizos organiza, o 13 de xuño na Coruña, unha concentración de apoio á compañeira que se desenvolverá a partir das 11:00 horas ás portas do SMAC, onde a esa hora dará comezo o acto de conciliación. A central nacionalista demandará a compañía solicitando a nulidade do despedimento.

Empregadas de Zara mobilízanse contra o abuso da contratación a tempo parcial

Protesta no Zara de Juana de Vega, A Coruña 07
13/5/11.
Medio cento de traballadoras, convocadas polo comité de empresa e apoiadas pola CIG-Servizos e outras centrais, participaron o 13 de maio nunha concentración diante do Zara da rúa coruñesa de Juana de Vega para manifestar a súa oposición ao abuso da contratación a tempo parcial que comete esta firma do emporio de Amancio Ortega.

O sindicato aumenta considerabelmente as delegadas no comité pontevedrés de Zara

Zara
15/4/11.
A Federación de Servizos da CIG pasou de ter dúas a cinco delegadas no comité de Zara da provincia de Pontevedra logo dos resultados acadados nas eleccións celebradas o 14 de abril. A central nacionalista convértese na segunda máis votada, a tan só sete papeletas de CC.OO, na segunda ocasión en que presenta candidatura.

CIG-Servizos acada a totalidade do comité de Bershka en Pontevedra

Eleccións sindicais
24/3/11.
A Federación de Servizos da CIG obtivo cinco delegadas, a totalidade do comité, nas eleccións celebradas nos centros de traballo de Bershka na provincia de Pontevedra o 23 de marzo. A central coida que esta vitoria electoral é consecuencia da loita e do traballo sindical incansábel desenvolvido durante os últimos catro anos no comercio téxtil.

Distribuir contido