folga

CIG-Servizos solicita un embargo preventivo para que cobren os empregados do Pazo de Libunca

cristina_martinez_padin_fran_cartelle.jpg
13/4/11.
O persoal do Pazo de Libunca aínda non percibiu parte dos salarios de decembro e xaneiro. Esta circunstancia levou a CIG-Servizos a solicitar un embargo preventivo das cantidades que varias entidades e partidos políticos teñen pendentes de pagamento con este estabelecemento hostaleiro naronés, propiedade da deputada autonómica do PP Natalia Barros. Os días 16, 22 e 23 de abril hai convocados paros de 24 horas.

Milleiros de persoas amosan a súa dignidade fronte ao capital e o sindicalismo entreguista

Folga xeral do 27 de xaneiro manifestación en Vigo
29/1/11.
Unhas 80.000 persoas participaron o 27 de xaneiro nas mobilizacións convocadas pola CIG na xornada de folga xeral que impulsou o sindicato contra a reforma do sistema de pensións, aprobada finalmente polo Goberno español grazas ao apoio insultante e desprezábel de UGT e CC.OO. Fronte á traizón, o oprobio, a inmundicia, a covardía e a corrupción destas centrais amarelas, ducias de miles de traballadoras e traballadores organizados na CIG déronlles unha lección de honestidade, loita e dignidade.

CIG-Servizos de Vigo organiza asembleas informativas sobre a folga xeral

Folga xeral, manifestación en Ferrol
18/1/11.
CIG-Servizos de Vigo convoca o 19 de xaneiro dúas asembleas informativas dirixidas ao conxunto da afiliación e que versarán sobre a folga xeral do día 27. As reunións hanse desenvolver no salón de actos da Unión comarcal, no número 47 da rúa Gregorio Espino, en horario de mañá e tarde (ás 10:00 e ás 17:00 horas).

A CIG anuncia a convocatoria de folga xeral para o 27 de xaneiro

Folga xeral, manifestación en Vigo (29-09-2010)
30/12/10.
O Secretariado Confederal da CIG acordou convocar folga xeral para o 27 de xaneiro como protesta contra as políticas antisociais promovidas desde o poder e, en concreto, en repulsa polas pretensións do Goberno español de aumentar a idade de xubilación e de incrementar o cómputo de anos para calcular a pensión.

CIG-Servizos convoca folga no restaurante ourensán “San Miguel”

Hostalaría en loita
15/12/10.
CIG-Servizos convocou folga no restaurante “San Miguel”, en Ourense, para os días 17, 18 e 31 de decembro para o 5 de xaneiro co obxecto de reclamar os salarios adebedados ao cadro de persoal, que leva catro meses sen os percibir. A decisión de ir aos paros foi tomada por unanimidade.

Desconvocada a folga na limpeza dos colexios públicos de Vigo

20101117_folga_limpeza_vigo
11/12/10.
As negociacións en días pasados entre o Concello, Linorsa e a CIG-Servizos serviron para alcanzar un acordo que implica a desconvocatoria da folga iniciada o 15 de novembro. A empresa comprométese a respectar os pactos asinados co comité e acepta incluír na negociación do vindeiro convenio a regulación do horario das operarias. Linorsa aumentará as horas a aquelas empregadas que o precisen para a súa xubilación.

Centos de persoas apoian nunha marcha a loita da limpeza dos colexios vigueses

20101203 Vigo, manifestación do persoal de limpeza dos colexios públicos
06/12/10.
Unhas 300 persoas secundaron o 3 de decembro en Vigo a manifestación convocada pola CIG-Servizos en apoio ás traballadoras da limpeza dos colexios públicos da cidade, que permanecen en folga desde o 15 de novembro. O sindicato puxo a venda bonos solidarios como consecuencia da prolongación do conflito por mor do inmobilismo do Concello e da concesionaria, Linorsa.

O comité de Lousame condiciona a desconvocatoria da folga á aprobación dunha moción en Ames

Marcha Lousame
09/11/10.
O comité da planta de tratamento de residuos da Mancomunidade de Municipios “Serra do Barbanza”, situada en Lousame, pospuxo a folga que tiña convocada para o 8 de novembro. Os representantes dos traballadores concederon un novo prazo aos concellos, en especial ao de Ames, para que aproben mocións de apoio á continuidade deste servizo e abonen as débedas que teñen contraídas coa concesionaria.

Finaliza a folga no lixo de Ourense trala readmisión da candidata da CIG-Servizos

Imaxe folga lixo
08/11/10.
Tras seis xornadas de paro, a folga na limpeza e recollida do lixo do Concello de Ourense rematou o pasado 5 de novembro despois de que a concesionaria optase por readmitir a traballadora despedida por encabezar a lista da CIG-Servizos. Ecourense tamén se comprometeu a desistir na impugnación do laudo arbitral sobre o proceso electoral.

Convocada folga indefinida na limpeza dos colexios públicos de Vigo

Protesta no pleno municipal de Vigo das traballadoras da limpeza dos colexios públicos
04/11/10.
O comité de empresa das traballadoras da limpeza dos colexios públicos de Vigo acordou convocar folga indefinida a partir do 15 de novembro. A protesta afectará 57 centros educativos. Linorsa, a concesionaria deste servizo que emprega 155 operarias, incumpre de xeito sistemático os acordos acadados co comité no tocante a contratacións e horarios. O Concello é coñecedor da situación mais fai caso omiso das reclamacións da parte social. As traballadoras están chamadas a participaren nunha asemblea no local da CIG viguesa, o 10 de novembro, ás 20:00 horas.

Distribuir contido