folga

A folga nos deportes será indefinida por mor do desplante empresarial

Marcha solidaria na Coruña por un convenio galego de instalacións deportivas 5
25/1/10.
Os empresarios das instalacións deportivas responderon aos sindicatos cunha oferta de convenio aínda peor que a que presentaran a finais do ano pasado. A patronal, coa súa actitude burlesca e irrespectuosa, é a única responsábel de que a folga nos deportes se converta en indefinida a partir do 1 de febreiro.

Os empresarios están dispostos a estudar a oferta sindical nas instalacións deportivas

deportes_casa_auga_corunha.jpg
15/1/10.
A reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais o 14 de xaneiro para achegar posturas no conflito das instalacións deportivas serviu para que os empresarios comunicasen a súa disposición a estudar a oferta sindical presentada hai un mes. A parte social desconvocou a xornada de folga do 20 de xaneiro como mostra de boa vontade. Ese mesmo día, patronal e representantes dos traballadores volveranse reunir.

A terceira fase dos paros nas instalacións deportivas comeza o 16 de xaneiro

20100114_folga_deportes
14/1/10.
Se a patronal non o remedia, o 16 de xaneiro dará comezo a terceira fase da folga nas instalacións deportivas de Galiza. Os paros estenderanse até o día 20 deste mes e, de non haber acordo, a medida de presión converterase en indefinida desde o 1 de febreiro. Por outra banda, os traballadores realizarán, o 17 de xaneiro, unha marcha reivindicativa na Coruña que partirá ás 12:00 horas desde o Palacio de Deportes de Riazor e que concluirá na praza de María Pita.

A limpeza do Concello de Ourense estará en folga o 4 de xaneiro

Urbaser.jpg
29/12/09.
A negativa de Urbaser, concesionaria da limpeza viaria e da recollida do lixo no Concello de Ourense, a asinar o convenio de 2009 motivou que o 99% do persoal acordase en asemblea secundar unha folga de 24 horas, que se estenderá desde as 06:00 horas do 4 de xaneiro até a mesma hora do día posterior.

A segunda fase da folga nos deportes logra pechar de novo as instalacións

20091222_folga_deportes.jpg
23/12/09.
Persoal das instalacións deportivas de toda Galiza desprazouse a Compostela o 22 de decembro para participar nunha concentración convocada diante das dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte. Tras ocupar durante máis de media hora as oficinas, os traballadores saíron en manifestación até as dependencias da Xunta en San Lázaro. Deste xeito, púxose fin a catro xornadas consecutivas de paros e mobilizacións en demanda da negociación do convenio colectivo. O seguimento da folga volveu ser do 90%.

A irresponsabilidade da patronal de Deportes vai deixar sen servizo máis de 100.000 usuarios

balon_deportes.jpg
10/12/09.
Os sindicatos presentes na mesa de negociación do convenio galego de instalacións deportivas (CIG-Servizos, UGT e CC.OO) acusan a patronal de irresponsábel ao non terse movido nin un ápice das súas posturas, malia o éxito das tres xornadas de folga de novembro. A parte social prosegue coa súa intención de secundar novos paros en decembro e xaneiro. Os empresarios son os únicos responsábeis de que 100.000 usuarios fiquen sen servizo eses días.

A folga nas instalacións deportivas estenderase máis días debido ao inmobilismo empresarial

04/12/09.
Empregados das instalacións deportivas de Galiza decidiron ampliar a folga e estendela do 19 ao 22 de decembro e do 16 ao 20 de xaneiro. Os paros serán indefinidos a partir do 1 de febreiro. A convocatoria xa foi rexistrada ante a Consellaría de Traballo.

Éxito sen paliativos da folga do comercio de alimentación malia as ameazas dos empresarios

Folga no Comercio de Alimentación: piquete en Piadela 13
29/11/09.
Por volta do 95% do persoal do comercio de alimentación secundou as folgas convocadas o 27 de novembro nas provincias da Coruña e Pontevedra. O paro foi total en Compostela e na nave de distribución de Gadisa, en Piadela (Betanzos). Este grupo deu novas mostras da súa actitude represiva ao impedir o acceso ás tendas dos comités de empresa e folga para exercer o seu labor informativo.

Amplo seguimento no primeiro día de folga nas instalacións deportivas

20091126_folga_deportes_corunha
26/11/09.
Máis do 90% dos traballadores e traballadoras das instalacións deportivas de Galiza secundaron o 26 de novembro a primeira das tres xornadas de folga convocadas no sector en demanda dun convenio digno. Os paros estiveron acompañados de concentracións en diferentes cidades do país. A folga proseguirá o 28 e 30 deste mes.

Aumentan as protestas do Comercio de Alimentación a dous días para a folga

Ferrol: protesta no Comercio de Alimentación 2
25/11/09.
O persoal do Comercio de Alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra continúa coas protestas previas á xornada de folga do 27 de novembro. Traballadores e traballadoras concentráronse, o 24 de novembro, diante de estabelecementos das principais empresas do sector na Coruña, Ferrol, Narón, Compostela, Milladoiro, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Distribuir contido