limpeza

A folga na limpeza ourensá avanza cun seguimento do 100% do persoal fixo

folga_limpeza.jpg
02/11/10.
Os traballadores e traballadoras realizaron asembleas e concentracións no terceiro día de folga no servizo de limpeza viaria e recollida do lixo do Concello de Ourense. O seguimento está a ser do 100% entre o persoal fixo e non se rexistraron incidentes de ningunha clase. As mobilizacións proseguirán o 3 de novembro, ás 10:00 horas, cunha concentración ás portas da Casa Consistorial para demandar a readmisión da compañeira despedida e mais a dimisión do xerente da empresa.

Ocupan a sede de Caixanova en protesta polos despedimentos nas auxiliares

ocupacion_caixanova_vigo_20101028
29/10/10.
Sindicalistas e delegados/as da CIG-Servizos pecháronse temporalmente na sede central de Caixanova en Vigo o 28 de outubro para rexeitar os despedimentos previstos nas contratas da limpeza e seguridade. Do mesmo xeito, a central nacionalista urxe a apertura inmediata dunha negociación para abordar o futuro dos 300 postos das auxiliares desta entidade, ameazados tralo proceso de fusión das caixas.

CIG-Servizos insta o Concello ourensán a se implicar para evitar a folga na limpeza

27/10/10.
CIG-Servizos reitera o seu chamamento ao Goberno municipal de Ourense para que interveña no caso da traballadora da concesionaria da limpeza que foi despedida por encabezar a candidatura da central nacionalista. O 28 de outubro celebrarase o acto de conciliación na Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Convocada folga indefinida en Ecourense en solidariedade cunha candidata da CIG despedida

18/10/10.
A asemblea de traballadores de Ecourense, concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida do lixo do concello ourensán, aprobou por unanimidade convocar folga indefinida, que comezará ás 22:00 horas do 28 de outubro e que se prolongará até conseguir a readmisión dunha operaria despedida por encabezar a lista da CIG.

A sección sindical na limpeza do Arquitecto Marcide emite un comunicado de apoio á folga xeral

20/9/10.
A sección sindical da CIG-Servizos en Eurolimp no centro de traballo do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol emitiu un comunicado en que anima a secundar a folga xeral convocada para o 29 de setembro contra a reforma do mercado laboral.

CIG-Servizos obtén maioría absoluta no comité coruñés de Pilsa

14/5/10.
CIG-Servizos prosegue aumentando a súa representación nas eleccións de persoal como se demostrou nas votacións ao comité provincial coruñés de Pilsa, empresa de limpeza, onde conseguiu 8 delegados, fronte aos 3 obtidos pola UGT e aos 2 acadados por CC.OO.

Despedidas da limpeza do CPI de Panxón protestan na Consellaría de Educación

20100423_limpeza_cpi_panxon_consellaria.jpg
23/4/10.
Varias ducias de sindicalistas da CIG-Servizos procedentes de Vigo, traballadores e as seis persoas despedidas do servizo de limpeza do CPI de Panxón concentráronse durante máis dunha hora na sede da Consellaría de Educación, en San Caetano, na mañá do 23 de abril. O sindicato esixe a implicación da Xunta para que procure unha solución a estes despedimentos. Porén, a Administración autonómica inhíbese de maneira irresponsábel.

Seis operarios da limpeza do CPI de Panxón perderán os seus postos a partir de abril

23/3/10.
Seis traballadores e traballadoras da empresa Limpiezas Germania que prestan os seus servizos no CPI de Panxón perderán os seus postos a partir do primeiro de abril. A Consellaría de Educación decidiu que o persoal laboral do centro (camareiros-limpadores) asuma as funcións que realizan os operarios da concesionaria.

Readmitidas as 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia

Protesta Alcampo Coia
22/3/10.
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.

Persoal da limpeza de todo o país solidarízase coas despedidas nun Alcampo de Vigo

20100304_alcampo_vigo.jpg
05/3/10.
Concentracións simultáneas ás portas dos Alcampo de Coia (Vigo), A Coruña, Ferrol e Compostela mostraron, o 4 de marzo, a solidariedade coas 12 traballadoras da limpeza despedidas recentemente na cidade olívica ao non seren subrogadas á nova contrata do servizo.

Distribuir contido