limpeza

Asinado o convenio provincial de Limpeza hospitalaria de Ourense, que inclúe subas do 5%

sinatura_convenio_limpeza_hosp_ourense_recortada.jpg
21/11/09.
O convenio de Limpeza hospitalaria da provincia ourensá dos anos 2009-2010 foi asinado o 20 de novembro. O texto contempla a maior suba salarial acadada este ano na provincia, 5% de media para todos os traballadores/as, e outorga aproximadamente 500 euros a cada un en concepto de atrasos.

Desconvocada a folga da Limpeza hospitalaria ourensá logo de alcanzase un acordo

17/11/09.
A mediación do Consello Galego de Relacións laborais logrou a consecución dun acordo entre a parte social e os empresarios da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense que satisfai as reclamacións dos traballadores/as. Por conseguinte, a folga ficou desconvocada.

A folga na Limpeza hospitalaria ourensá será os días 16, 17, 18 e 19 de novembro

02/11/09.
Os persoal da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense decidiu que a folga sexa os días 16, 17, 18 e 19 de novembro. Os paros han ser indefinidos a partir do 21 deste mes se antes non se alcanza un acordo.

EUROLIMP,S.A., empresa maioritaria, está a boicotear as negociacións con propostas que cuestionan a base do convenio como a equiparación salarial dos traballadores e traballadoras co persoal do grupo E do SERGAS, que se vén aplicando desde hai 20 anos.

Haberá folga na Limpeza hospitalaria de Ourense

30/10/09.
Os e as traballadoras da limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pertencentes á empresa EUROLIMP, decidiron por unanimidade a convocatoria de folga ademais doutras mobilizacións no sector, que agrupa todos os centros hospitalarios do SERGAS na provincia. A falta de acordo na negociación do convenio motiva a realización dos paros.

CIG-Servizos apoia as protestas en defensa dos acordos retributivos no SERGAS

20080423_tecnicos_sanitarios_sergas_corunha_03.jpg
28/10/09.
CIG-Servizos anima os traballadores/as da Limpeza hospitalaria, cuxas empresas asinaron a equiparación salarial e laboral co persoal do SERGAS, a secundaren as mobilizacións que está a desenvolver a CIG-Saúde en defensa dos acordos retributivos rubricados en 2008, que o PP decidiu suspender.

O goberno de Núñez Feijoo optou por eliminar estes acordos, supostamente pola crise económica, pois os orzamentos para o vindeiro ano non contemplan ningunha partida destinada a este fin.

Celebradas con éxito as xornadas de Saúde Laboral para o persoal de Seguridade e Limpeza hospitalaria

IMG_0016.jpg
19/10/09.
As xornadas nacionais de Saúde Laboral destinadas ao persoal de Seguridade privada e de Limpeza hospitalaria, que organizou CIG-Servizos o 15 de outubro en Compostela, foron todo un éxito. Nos encontros analizouse tamén a situación actual da negociación colectiva en ambos sectores.

No caso da Seguridade privada, abordáronse de igual xeito outros temas que incumben os traballadores como o intrusismo existente na profesión ou a estratexia sindical que se debe trazar no sector a curto e medio prazo.

O persoal de Limanfer mobilizarase se a empresa segue a incumprir o convenio

13/10/09.
O comité de empresa de Limanfer S.L. e a CIG-Servizos, sindicato maioritario, denuncian o incumprimento continuo por parte da compañía do convenio de Limpeza de Edificios e Locais da provincia da Coruña. O cadro de persoal mobilizarase de non mudar a situación.

A empresa incumpre coa súa obriga de aboar o salario nos catro primeiros días do mes. Ademais, Limanfer non facilita uniformes de traballo ás empregadas. O comité e CIG-Servizos tamén detectaron irregularidades na vixilancia da saúde laboral.

CIG-Servizos organiza unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria

08/10/09.
CIG-Servizos organiza o 15 de outubro unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria. A cita hase desenvolver desde as 11:00 horas no Hotel Congreso, en Compostela (km. 3 da estrada que comunica a capital de Galiza con A Estrada).

As traballadoras de Limpezas Ames cobran as tres nóminas atrasadas

17/9/09.
As traballadoras de Limpezas Ames cobraron, por fin, as nóminas dos tres últimos meses. O pagamento das cantidades atrasadas produciuse na segunda xornada de folga (15 de setembro) que mantiña o cadro de persoal desta concesionaria do servizo de limpeza de dependencias municipais e de centros educativos do Concello de Ames.

CIG-Servizos demanda que se estabilice a situación do persoal da limpeza do Concello de Ourense

15/9/09.
O retraso na adxudicación da contrata da limpeza viaria e recollida do lixo do Concello de Ourense está a prexudicar seriamente o persoal . CIG-Servizos demanda que se estabilice axiña a situación laboral dos traballadores e traballadoras.

Distribuir contido