negociación colectiva

Haberá folga na Limpeza hospitalaria de Ourense

30/10/09.
Os e as traballadoras da limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pertencentes á empresa EUROLIMP, decidiron por unanimidade a convocatoria de folga ademais doutras mobilizacións no sector, que agrupa todos os centros hospitalarios do SERGAS na provincia. A falta de acordo na negociación do convenio motiva a realización dos paros.

CIG-Servizos mobilizarase ante o bloqueo do convenio de Seguridade privada

seguridade_mani.jpg
28/10/09.
O bloqueo da negociación do convenio de Seguridade privada, onde a patronal ofrece conxelar os salarios en 2009 e unha suba de 6 euros ao mes para 2010, obriga a CIG-Servizos a se mobilizar para inverter a situación. USO e UGT, culpábeis da quebra da unidade de acción, escenificaron unha pantomima ao dar por rotas as negociacións, cando as súas propostas coinciden ao 95% coas dos empresarios.

Traballadores de instalacións deportivas están convocados a asembleas na Coruña e Pontevedra

20071122_traballadores_deportes_direccion_xeral_01.jpg
27/10/09.
Traballadores do sector de instalacións deportivas de toda Galiza están chamados a participar en asembleas na Coruña e Pontevedra para analizar a situación da negociación do convenio trala última proposta empresarial.

A asemblea en Pontevedra realizarase o 31 de outubro, ás 16:30 horas, no Edificio sindical (r/ Pasantería, 1 baixo). Na Coruña, celebrarase o 2 de novembro, ás 23:30 horas, no salón de actos de Edificio Sindical (avenida Alfonso Molina, s/n).

A vixencia de case corenta convenios de Servizos remata a finais de ano

24/10/09.
A vixencia de 39 convenios do sector de Servizos expira a partir do 31 de decembro de 2009. CIG-Servizos publica no interior da noticia a relación destes textos, clasificados segundo o seu ámbito de aplicación.

Atinxido un preacordo no convenio de Axuda a Domicilio

23/10/09.
Tras oito xuntanzas de mesa negociadora, sindicatos e patronal alcanzaron un preacordo sobre o convenio de Axuda a Domicilio. O texto pactado polas partes contempla unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos.

As protestas dos traballadores dos xeriátricos ouvíronse en Vilanova de Arousa

IMG_9906_grande.jpg
21/10/09.
Case un cento de traballadores e traballadoras do sector de Residencias Privadas da Terceira Idade participou na concentración de protesta diante do xeriátrico “Valle Inclán” en Vilanova de Arousa, acto enmarcado dentro do calendario de mobilizacións en demanda dun convenio digno para este colectivo.

A patronal, da que as organizacións sindicais continúan sen ter novas,  pretende aproveitar a negociación do convenio para introducir recortes nos dereitos dos traballadores e traballadoras e a frear calquera tipo de mellora nas condicións laborais.

As protestas do persoal dos xeriátricos privados trasladaranse a Vilanova de Arousa e Vigo

P1550889_grande.jpg
14/10/09.
Avanza o calendario de protestas dos traballadores e traballadoras das residencias privadas da Terceira Idade en demanda dun convenio digno. O 21 de outubro concentraranse diante da Residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa e, o 4 de novembro, fronte ao xeriátrico Sanitas (Rúa do Conde, 6) de Vigo. Ambas protestas, convocadas por CIG-Servizos e CC.OO, desenvolveranse ás 11:00 horas.

As propostas patronal e de UGT e USO na Seguridade privada son insuficientes

P1490056_grande.jpg
09/10/09.
A decimoterceira xuntanza da comisión negociadora do convenio de Seguridade privada non deparou sorpresa algunha. CIG-Servizos segue a valorar como insuficientes tanto a oferta patronal como a proposta realizada por UGT e USO, sindicatos responsábeis da quebra da unidade de acción.

CIG-Servizos organiza unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria

08/10/09.
CIG-Servizos organiza o 15 de outubro unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria. A cita hase desenvolver desde as 11:00 horas no Hotel Congreso, en Compostela (km. 3 da estrada que comunica a capital de Galiza con A Estrada).

Compostela acollerá a IV Xornada Nacional de Seguridade Privada da CIG-Servizos

xornada_seguridade_20091015.jpg
07/10/09.
O Hotel Congreso de Compostela acollerá o 15 de outubro a celebración da IV Xornada Nacional de Seguridade Privada que organiza a CIG-Servizos. No encontro informarase da negociación do convenio e analizaranse a estratexia no sector a curto e medio prazo, ademais do intrusismo ou as eleccións sindicais, entre outros temas.

Distribuir contido