negociación colectiva

Asinado o Convenio de Grandes Almacéns coa exclusión da CIG da mesa negociadora

07/8/09.
Confirmáronse os peores augurios. O convenio de Grandes Almacéns foi asinado o 5 de agosto en Madrid entre os sindicatos FASGA e FETICO e mais a patronal ANGED. A CIG-Servizos non puido acudir á cita dado que foi comunicada tarde de xeito completamente intencionado.

A Federación de Servizos da CIG decatouse da sinatura do convenio a través duns panfletos da autoría dos sindicatos FASGA  e FETICO, redactados ambos nun ton eufórico e vitorioso. Do que se desprende deses panfletos é que a vixencia do convenio vai ser de catro anos (2009, 2010, 2011 e 2012).

As negociacións do Convenio de Grandes Almacéns desenvólvense no máis absoluto escurantismo

05/8/09.
A patronal do sector dos Grandes Almacéns e as centrais FETICO, FASGA, CC.OO e UGT están a desenvolver no máis absoluto escurantismo as negociacións do convenio, de ámbito estatal. A CIG e o sindicato vasco LAB non foron avisadas para participar nas últimas xuntanzas, malia teren pleno dereito tendo en conta a súa representatividade no sector.

O novo convenio do Comercio vario coruñés xa entrou en vigor

20081017_folga_comercio_corunha_13.jpg
31/7/09.
O convenio do Comercio vario da provincia da Coruña para os anos 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011 foi publicado polo Boletín Oficial da Provincia o pasado 30 de xullo. Para 2009 aplicarase unha suba salarial do 2´25%, mais a CIG-Servizos reclamará xudicialmente para que esta cantidade se eleve un punto máis.

UGT e USO rachan a unidade sindical na Seguridade privada

DSC01062_grande.jpg
17/7/09.
A oitava xuntanza da negociación do convenio estatal de Seguridade privada para os anos 2009-2011, celebrada en Madrid o 16 de xullo, escenificou a ruptura da unidade sindical. UGT e USO presentaron unha proposta de negociación sen o consenso da CIG e CCOO, sindicatos que avogan por manter a oferta de mínimos recollida na acta da xuntanza do 20 de xaneiro.

A patronal coruñesa do Comercio de Alimentación propón unha oferta completamente regresiva

20070116_gadis_betanzos_05.JPG
10/7/09.
Aumento salarial equiparábel ao IPC real, rebaixa do prezo das horas extras en domingos e festivos ou limitar o dereito ás vacacións son unha mostra da proposta regresiva en dereitos e condicións laborais que presentou a patronal do Comercio de Alimentación da Coruña na última xuntanza da negociación do convenio.

A patronal, encabezada por Gadis e Froiz, propón empeorar as condicións dos e das traballadoras do sector. Na súa oferta, os empresarios esquécense novamente da regulación da xornada, das categorías ou dos horarios. Tampouco fan mención aos novos complementos que retribúan traballos especiais.  

Distribuir contido