negociación colectiva

CIG-Servizos aposta por dinamizar as negociacións do convenio de xeriátricos

Concentración nun xeriátrico de Chantada
29/3/10.
CIG-Servizos e CC.OO manifestaron a súa disposición a dinamizar a negociación do convenio de xeriátricos co estabelecemento dun calendario de reunións semanais até a segunda quincena de maio. As mobilizacións impulsadas por ambos sindicatos contribuíron a que a patronal incrementase a súa oferta salarial na última xuntanza da comisión negociadora, o 29 de marzo. Os empresarios pasaron de defender unha suba do 0´3% a propor agora aumentos de entre o 3 e 5%.

UGT apraza a súa folga na seguridade privada

26/3/10.
UGT aprazou "provisionalmente" a folga que convocara en solitario na seguridade privada prevista para os días 29, 30 e 31 de marzo. Este sindicato xustifica a súa decisión na falta de apoio de USO e CC.OO e acusa o Ministerio de Interior de decretar servizos mínimos abusivos. CIG-Servizos xa manifestou que non vai apoiar folgas que non procuren melloras para os traballadores, como é o caso da que promove UGT no sector.

CIG-Servizos oponse á folga da UGT na seguridade privada por non pedir melloras

20090225_prosegur_agrela_03.jpg
25/3/10.
CIG-Servizos reafírmase no expresado no seu momento e non apoia a folga na seguridade privada convocada en solitario por UGT que se estenderá do 29 ao 31 de marzo. Os sindicato promotor dos paros oculta os motivos que os fundamentan e consente que o convenio sexa insuficiente ao dar por boas a conxelación salarial en 2009 e subas ínfimas para 2010 e 2011.

Atinxido un principio de acordo no conflito dos deportes

08/3/10.
Unha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais conseguiu que empresarios e sindicatos alcanzasen, o 8 de marzo, un principio de acordo na negociación do convenio de instalacións deportivas que pon fin á folga indefinida iniciada o 1 de febreiro.

Traballadores de deportes acampan indefinidamente na Coruña

20100304_acampada_deportes_corunha
05/3/10.
Traballadores e traballadoras das instalacións deportivas iniciaron unha acampada indefinida no xardín da praza coruñesa onde teñen as sedes a delegación da Xunta e a Confederación de Empresarios. Preténdese que esta acción sirva para cominar a patronal a negociar e a desbloquear o conflito. No campamento participan empregados de diferentes puntos da provincia.

Os empresarios dos xeriátricos desbotan a nova plataforma da CIG-Servizos e CC.OO

24/2/10.
A patronal das residencias privadas da terceira idade rexeitou a plataforma de convenio que presentaran hai un mes CIG-Servizos e CC.OO, pese a que rebaixaba as pretensións económicas da parte social. Ambos sindicatos anunciaron que, de non haber acordo na reunión da comisión paritaria, solicitarán unha arbitraxe. Os empresarios, pola súa banda, aseguran que non aceptarán subas que superen o 1%.

A patronal non acode a unha mediación e enquista aínda máis o conflito dos deportes

Marcha solidaria na Coruña por un convenio galego de instalacións deportivas 12
23/2/10.
Os empresarios das instalacións deportivas non compareceron o 22 de febreiro nunha mediación convocada no Consello Galego de Relacións Laborais para tentar abrir algunha vía que posibilite o diálogo coa parte social. Por outra banda, as protestas proseguen, tal como se demostrou o día 23 con peches simultáneos en Ames, Pontevedra, Ferrol e A Coruña.

O persoal de deportes decide proseguir coa folga

20100205_deportes_bertamirans.jpg
06/2/10.
Os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas acordaron en asembleas o 5 de febreiro proseguir coa folga indefinida no conflito que os enfronta coa patronal na negociación do convenio colectivo. Por conseguinte, as mobilizacións e protestas continuarán até que se produzan avances.

O convenio do comercio de alimentación coruñés rebaixa melloras que se concederan inicialmente

Folga no comercio de alimentación: piquete na Coruña 3
01/2/10.
Tal como se agardaba, CC.OO, UGT e USO rubricaron o 27 de xaneiro o convenio do comercio de alimentación provincial da Coruña dos anos 2009-2011. O realmente sorprendente é que o texto actual rebaixa melloras que se concederan no decurso da negociación. De novo, o persoal dos almacéns e oficinas fica discriminado.

CIG-Servizos só apoiará a folga de UGT na seguridade privada para acadar melloras

Acción da seguridade privada na Coruña 5
01/2/10.
Ante o anuncio de convocatoria de folga e mobilizacións na seguridade privada que realizou UGT, CIG-Servizos manifesta que só se adherirá a estas medidas de protesta se con elas se pretenden conseguir melloras nas condicións e salarios dos traballadores do sector. Cómpre lembrar que UGT dá por boas a conxelación salarial en 2009 e subas do 1´8% para 2010 e 2011, condicións que rexeita taxativamente a central nacionalista.

Distribuir contido