negociación colectiva

O sector de instalacións deportivas acorda ir á folga os días 26, 28 e 30 de novembro

20080305_folga_deportes_a_corunha_01
18/11/09.
Arredor de 2.500 traballadores e traballadoras de máis de 150 piscinas, instalacións e clubes deportivos de Galiza están chamados á folga os días 26, 28 e 30 de novembro en demanda da negociación do convenio colectivo. Os paros afectarán máis de 100.000 usuarios de máis de 100 concellos galegos e mesmo todas as competicións, desde alevíns até profesionais de todo tipo de deportes, segundo informaron en rolda de prensa os convocantes, as federacións de Servizos da CIG, CCOO e UGT.

Desconvocada a folga da Limpeza hospitalaria ourensá logo de alcanzase un acordo

17/11/09.
A mediación do Consello Galego de Relacións laborais logrou a consecución dun acordo entre a parte social e os empresarios da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense que satisfai as reclamacións dos traballadores/as. Por conseguinte, a folga ficou desconvocada.

Intensifícase a campaña informativa sobre o conflito do Comercio de Alimentación

Bandeiras fronte ao Lidl
11/11/09.
A menos dunha semana da celebración das asembleas do persoal do Comercio de Alimentación da Coruña e Pontevedra nas que probabelmente se aprobe a convocatoria de folga, CIG-Servizos está a visitar múltiples centros de traballo para concienciar os empregados da importancia de se mobilizar para conseguir convenios dignos.

O persoal dos xeriátricos estabelece un novo calendario de mobilizacións

xeriatricos_vigo_manifa.jpg
10/11/09.
Os traballadores e traballadoras das Residencias Privadas da Terceira Idade estabeleceron un novo calendario de protestas para demandar un convenio digno para este sector, que emprega 5.000 persoas na Galiza. Lugo, Chantada, Narón e A Coruña han ser os próximos destinos das mobilizacións.

O Comercio de Alimentación baralla a folga como medida para desbloquear a negociación

20070116_gadis_betanzos_03
09/11/09.
A última xuntanza da negociación do convenio do Comercio de Alimentación da Coruña, o 6 de novembro, supuxo a ruptura definitiva entre a parte social e a patronal, do mesmo xeito que aconteceu en Pontevedra semanas atrás. Agora, o persoal de ámbalas dúas provincias está convocado a asembleas o 17 e 18 de novembro, nas que posibelmente se acorde a convocatoria de folga no sector.

Rompen as negociacións no convenio de instalacións deportivas

Protesta na Malata
06/11/09.
A parte social rexeitou a última oferta dos empresarios das instalacións deportivas, despois de analizala e sometela a debate nas asembleas de traballadores. O vindeiro 11 de novembro os delegados do sector están convocados a unha asemblea, ás 11:00 horas no local da UGT de Compostela, para estabelecer un calendario de mobilizacións.

Unha marcha polo centro de Vigo visualiza o conflito dos xeriátricos

20091104_xeriatricos_vigo.jpg
05/11/09.
Por volta dun centenar de traballadores tomou parte nunha concentración e posterior marcha polas rúas de Vigo para demandar un convenio digno e con dereitos para o sector dos xeriátricos privados. Os manifestantes comezaron a xornada congregándose no exterior da residencia Sanitas, na rúa do Conde da cidade olívica.

Asinado o convenio de Axuda a Domicilio

04/11/09.
O texto rubricado estabelece unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos. Os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar percibirán 746 euros en concepto de atrasos de 2008. En canto aos de 2009, acordouse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal.

A folga na Limpeza hospitalaria ourensá será os días 16, 17, 18 e 19 de novembro

02/11/09.
Os persoal da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense decidiu que a folga sexa os días 16, 17, 18 e 19 de novembro. Os paros han ser indefinidos a partir do 21 deste mes se antes non se alcanza un acordo.

EUROLIMP,S.A., empresa maioritaria, está a boicotear as negociacións con propostas que cuestionan a base do convenio como a equiparación salarial dos traballadores e traballadoras co persoal do grupo E do SERGAS, que se vén aplicando desde hai 20 anos.

UGT solicita un AGA unilateralmente no conflito das Residencias Privadas da Terceira Idade

20091001_residencias_compos.jpg
30/10/09.
Mentres CIG-Servizos e CC.OO seguen adiante co calendario de mobilizacións a prol dun convenio digno para o persoal das Residencias Privadas da Terceira Idade, UGT, que se desvinculou das protestas, solicitou unilateralmente un AGA (Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo).

Distribuir contido