As centrais recórdanlle á patronal que o prioritario é revisar os salarios

11/1/12.Os catro sindicatos más representativos da seguridade privada no Estado (UGT, CC.OO, USO e CIG-Servizos) explicáronlles aos empresarios que nestes momentos o prioritario é dar cumprimento ao artigo 73 e aplicar a revisión salarial do ano 2012. As centrais só estarían dispostas a estudar a ampliación do convenio até 2014 unha vez que se reúna a comisión paritaria e se asinen as táboas. A patronal insiste en manifestar que o incremento salarial pactado en convenio ocasionaría “importantes consecuencias” no emprego do sector da seguridade privada. Empresarios e sindicatos volveron reunirse en Madrid o 11 de xaneiro para tratar a proposta dos primeiros de non aplicar a suba salarial estabelecida en convenio para o ano 2012.

A patronal entende que o incremento previsto para este ano (IPC real de 2011 máis o 2%) repercutiría negativamente sobre a “viabilidade das empresas e o emprego no sector”. Os patróns pretenden diferir durante tres anos esta cantidade, o que implicaría a ampliación da vixencia do convenio dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014.

A Federación de Servizos da CIG estivo representada na xuntanza polo compañeiro Tomás Martínez Rodríguez.

Acta da reunión