A CIG, disposta a que a suba salarial sexa inferior ao 2´50% no caso de regulárense festivos e contratación a tempo parcial
26/6/09.
A CIG está disposta a que a suba salarial baixe do 2´50% se, pola contra, a patronal accede a incluír no convenio un punto que estabeleza que ningún contrato teña unha duración inferior a 24 horas. No tocante aos festivos, a central nacionalista entende que o traballo en domingos e festivos ten que ser compensado cun valor específico. Nos documentos adxúntos figuran as actas das tres últimas reunións.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Actas_1-2_Com._Textil_Ourense.pdf | 265.59 KB |
| Acta_3_Com._Textil_Ourense.pdf | 129.45 KB |



