A CIG non asina o convenio dos anos 2010-2011

15/4/10.

A CIG non asinou o convenio dos centros especiais de emprego do período 2010-2011 por considerar insuficientes os niveis salariais acadados. A central nacionalista rexeita o incremento dos soldos no 2% e o aboamento das incapacidades temporais nos tres primeiros días ao 75% unha única vez ao ano.

Adxúntanse a acta da reunión da comisión negociadora do 16 de abril e o texto do convenio dos anos 2010-2011.