Constitución da mesa negociadora e primeira xuntanza coa patronal

14/7/09.

Constituída a Mesa Negociadora do convenio de Tinturarías, Lavanderías e pranchado de roupa da Provincia da Coruña.

O pasado 2 de xullo constituíuse a Mesa negociadora e posteriormente, o día 9, houbo a primeira xuntanza onde os sindicatos entregaron a plataforma reinvindicativa.

Nun primeiro contacto e tal e como ven sendo habitual este ano en tódalas negociacións, os empresarios pretenden saír da crise a costa do conxunto da clase traballadora intentando recortar dereitos, alegando que o sector está moi mal.