Convenio colectivo 2015

Tipo de acordo: 
Convenio
Validez temporal: 
Thu 01/01/15 - Thu 31/12/15

O presente convenio aplicarase a todos os traballadores/as adscritos ao servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario Meixoeiro do Concello de Vigo, que a empresa Mediterránea de Catering S. L. actual adxudicataria, ou calquera outra que a poida substituír, concertase co Complexo Hospitalario Universitario do Meixoeiro de Vigo.

Ante a previsión da apertura do NHV (Novo Hospital de Vigo), e en base da obriga recollida no propio art. 26.2 do prego de condicións e adxudicación do NHV “O concesionario deberá asumir ao persoal laboral dos contratistas de servizos non clínicos do CHUVI que se vexan imprecados na apertura do NHV naqueles supostos nos que de acordo coa normativa laboral ou convenio aplicable proceda a subrogación nos contratos. O concesionario asumirá a xestión e o custe de dito persoal dende o momento en que, coma tal concesionario, comece coa explotación efectiva de ditos servizos, nos termos e coas condicións de traballo que tivesen pactado, subrogándose en consecuencia nas obrigas e dereitos existentes.” Perante dita situación, e facendo expresa manifestación da obriga de subrogación pola concesionaria do novo centro fronte a aquel persoal que poida verse desprazado do CHUVI ao NHV, as partes remítense ao Acordo Marco de Hostalaría,e ao artigo 46 do convenio colectivo do servizo de cociña do complexo Hospitalario Universitario Meixoeiro ao fin de regular o xeito dos posibles traslados derivados do cambio hospitalario. 

AdxuntoTamaño
Convenio colectivo 2015315.76 KB