Actores e actrices
Convenio colectivo regulador das relacións laborais entre produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan os sus servizos nas mesmas:
O presente Convenio é de aplicación aos contratos de interpretación para a realización de obras audiovisuais que se celebren entre os produtores das mesmas e os actores que nelas interveñan, calquera que sexa o tipo de actuación que se fixe nas citadas obras audiovisuais.
Exceptúanse do ámbito do presente Convenio as anteriores interpretacións cando sexan fixadas en curtametraxes, cuxa explotación primaria sexa a súa exhibición en salas cinematográficas.
Igualmente quedan excluídos do ámbito do presente Convenio os contratos concluídos entre as empresas de produción audiovisual e os figurantes, así como os de execución musical das bandas sonoras das obras audiovisuais e os vídeos musicais.
| Revisión | 01/01/2011 - 31/12/2011 | Táboas 2011 |
| Revisión | 01/01/2010 - 31/12/2010 | Táboas 2010 |
| Revisión | 01/01/2009 - 31/12/2009 | Táboas 2009 |
| Convenio | 01/01/2005 - 31/12/2007 | Convenio 2005-2007 |
| Convenio | 01/01/2005 - 31/12/2007 | Emenda do convenio 2005-2007 |



