Cobra Servicios Auxiliares, S.A.
O presente convenio será de aplicación a todos aqueles traballadores que fosen contratados pola empresa para a realización de calquera das actividades que, dentro do obxecto social da mercantil, poida realizar.
A efectos enunciativos, e, sen que iso supoña «numerus clausus», podemos citar a seguinte relación:
1.º Prestación de servizos auxiliares en urbanizacións, predios urbanos, oficinas, instalacións industriais, centros comerciais, redes viarias, organismos oficiais e dependencias administrativas, museos, recintos feirais, instalacións recreativas, salas de exposicións, conferencias e congresos.
2.º Servizos auxiliares de loxísticas de produción, manipulación, envasado e traslados de mercadorías en instalacións propias ou de terceiros, así como xestión integral de almacéns.
3.º Servizos de atención, información, venda e asistencia telefónica, telemarketing.
4.º Servizos comerciais propios e de terceiros, mediante a promoción, a venda e a mercadotecnia. Así mesmo neste apartado inclúese a investigación de mercados, realización de informes e consultoría comercial.
5.º Explotación ou xestión total ou parcial de instalacións deportivas e acuáticas, culturais, sociais, de lecer e recreo.
6.º Explotación ou xestión, total ou parcial, de centros sociais, como residencias, centro de día e análogos.
7.º Lectura de contadores de subministración de enerxía, cortes, mantemento, reparación e reposición dos mesmos, transcrición de lecturas, inspección de contadores, toma e actualización de datos e colocación de avisos e campañas.
8.º Servizo de xestión de cobros e recadación executiva. Confección recollida e cobro de avisos e campañas.
9.º Elaboración, condimentación e distribución de comidas para consumo propio ou subministración a terceiros.
10.º Confección de proxectos relacionados co medio ambiente, parques, xardíns e áreas forestais, así como tarefas relacionadas co seu mantemento. Dentro deste apartado incluirase tamén os servizos de prevención e loita contra incendios en xeral.
11.º Importación e exportación de toda clase de bens, equipos, produtos e técnicas, excluídos os sometidos a lexislación especial.
12.º Desenvolvemento de procesos de selección de persoal.
13.º Organización e impartición a terceiros de cursos de formación.
14.º Xestión e control, a través dun centro informatizado e comunicado, de calquera dos servizos mencionados en números anteriores, xa sexan prestados pola propia sociedade ou por terceiros.
15.º Execución de estudos sobre organización, métodos, sistemas e tempos en relación coa prestación de todos os servizos incluídos no obxecto social.
| Convenio | 01/01/2009 - 31/12/2011 | Convenio 2009-2011 |



