Compañía Internacional de Coches-Camas y de Turismo, S.A.

Este Convenio afecta os traballadores que presten os seus servizos nas unidades produtivas que comprenden as seguintes actividades:

  • Servizos a bordo dos trens, tales como acompañamento e atención a clientes, restauración, limpeza e mantemento, así como calquera outro que no futuro puidese establecerse.
  • Servizos de apoio loxístico, tales como limpeza, mantemento de coches-camas e coches-liteiras ou outro material ferroviario desta índole, así como abastecemento e subministración de artigos e materiais necesarios para a prestación do servizo a bordo dos trens.
  • Servizos de mantemento, tales como reparación, remodelación, mantemento e conservación do material utilizado para o desenvolvemento da actividade de restauración e atención a bordo dos trens.
  • Servizos de apoio técnico-administrativo ou operativo, dependentes de cada actividade concreta ou comúns a todas elas.
Convenio01/01/2007 - 31/12/2007Modificación do convenio para o ano 2007
Convenio01/01/2005 - 31/12/2006Modificación do convenio para os anos 2005-2006
Convenio01/01/2002 - 31/12/2004Modificación do convenio para os anos 2002-2004
Convenio01/01/1999 - 31/12/2001Convenio 1999-2001