Consorcio para a Promoción da Música (Orquestra Sinfónica de Galicia)

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal do Consorcio para a Promoción da Música, salvo a excepción prevista no artigo 1, dentro do ámbito territorial do municipio da Coruña. Por persoal do Consorcio para a Promoción da Música enténdense os traballadores, sector artístico e non artístico na súa calidade de fixos do cadro de persoal, titulares interinos, eventuais ou temporais, ou calquera outro contratado mediante calquera figura admitida na lexislación laboral vixente.

O cadro de persoal artístico da OSG comprenderá, polo menos, os membros e a distribución que se establece no capítulo II deste convenio, sen prexuízo da súa ampliación por parte da empresa e coas condicións que se establecen no capítulo VI.

O cadro de persoal non artístico adscrito ao consorcio comprenderá, polo menos, os membros e a distribución que se establece no capítulo XI deste convenio, sen prexuízo da súa ampliación por parte da empresa.

Convenio01/01/2013 - 31/12/2015Convenio 2013-2015
Convenio01/01/2010 - 31/12/2012Convenio 2010-2012
Convenio01/01/2005 - 31/12/2008Convenio 2005-2008