Diana Redes Comerciales S.A.

O presente convenio colectivo establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre a empresa Diana Redes Comerciales S.A., pertencente ao sector de servizos e, dentro deste, ao específico de servizos de mercadotecnia operacional, e os seus traballadores, entendéndose incluídas expresamente -pero non exclusivamente- as seguintes ramas de actividade:

- Reposición de produtos no punto de venda.

- Promoción de vendas.

- Azafato/as de imaxe.

- Auditoría no punto de venda, consistente na verificación da calidade dos produtos ou servizos dispensados por unha empresa a terceiros así como no control periódico ou non, dos prezos, produtos ou promocións dunha compañía nas súas canles de distribución.

- Xestión de material de publicidade en lugar de venda, entendendo por tal, toda a actividade loxística que realiza un terceiro para que unha empresa industrial ou de servizo poida colocar fisicamente nos puntos de distribución onde se comercializan os seus produtos ou servizos o material publicitario e promocional que considere necesario para cumprir cos seus obxectivos de mercadotecnia.

- Forzas externas de vendas que son as constituídas por equipos de traballo compostos por comerciais que desenvolven actividades de promoción e venda de produtos ou servizos xeralmente con carácter itinerante.

- Actividades de loxística e mercadotecnia promocional, tales como o almacenamento; manipulación de mercadorías, instalación/desinstalación de material PLV dos seus clientes; mailing; fulfilment; xestión de pedidos; facing ..., actividades que poden desenvolverse tanto nas propias instalacións como nas do cliente ou de terceiros interesados (puntos de venda).

Convenio01/01/2007 - 31/12/2009Convenio 2007-2009