Empresas de Mediación de Seguros Privados

1. O presente Convenio colectivo será de aplicación ás relacións laborais das Empresas de Mediación de Seguros Privados, calquera que sexa a súa denominación.

2. O presente Convenio non será de aplicación ás relacións, prestacións, actividades e traballos contemplados no artigo 1.o, número 3, do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET).

3. Quedan, tamén, excluídas da aplicación do presente Convenio as relacións a que se refire o artigo 2 do citado TRET, e de forma expresa as seguintes persoas e actividades:

a) As persoas que desempeñen funcións de alta dirección, conforme ao Real Decreto 1382/85, do 1 de agosto, tales como membros do consello de administración, conselleiros delegados, administradores, directores-xerentes, secretarios xerais ou postos de similar nivel, a non ser que polas mesmas se pactase co empresario que o presente Convenio xeral lles sexa aplicable.

b) As persoas ou actividades vinculadas ás empresas incluídas no ámbito de aplicación deste Convenio por relación de prestación de servizos de natureza mercantil ou civil, como poden ser, entre outros, os auxiliares externos e auxiliares asesores dos mediadores de seguros privados e os cobradores exclusivamente a comisión.

c) A actividade mercantil de mediación que, conforme á Lei de Mediación de Seguros Privados, poidan desenvolver, fóra do seu horario laboral, os empregados dos mediadores de seguros, a favor da empresa da que dependan, e a compensación que da mesma puidese derivarse.

d) As persoas incorporadas temporalmente como «bolseiros» ás empresas de mediación, as cales se rexerán polos pactos establecidos entre a entidade ou centro que as tutele e o empresario que as reciba.

4. Os empresarios mediadores de seguros privados, sexan persoas físicas ou xurídicas, designaranse en diante, co termo «mediadores». As obrigas e dereitos que se atribúen no presente Convenio ás empresas de mediación de seguros privados, entenderanse feitas á persoa, física ou xurídica, que posúa a titularidade da empresa, como empresario, conforme ao disposto polo artigo 1.2 do TRET.

Convenio01/01/2016 - 31/12/2018Convenio colectivo 2016-2018
Convenio01/01/2013 - 31/12/2015Convenio Colectivo 2013-2015