Figurantes

O presente Convenio é de aplicación aos contratos dos traballadores de obras audiovisuais que recrean coa súa presencia un ambiente ou unha escena, sen nengún peso específico ou incidencia na acción, que contribúe á autenticidade global e á atmosfera da escena carecendo de texto algún. Non obstante, será lícito que os figurantes axuden na xeración de ruídos, berros e murmurios de multitudes e/ou os cantos e rezos en coro.

O contrato de figuración quedará regulado polo seu contido contractual, polo presente Convenio, pola regulación de Seguridade Social do Réxime integrado deartistas no Réxime Xeral da Seguridade Social e supletoriamente polo Estatuto dos Traballadores.

Fica excluída do presente convenio calquera tipo de filmación na que aparezan persoas en calidade de entrevistados, invitados ou público, de forma non remunerada.

Fican excluídos do presente convenio os traballos realizados para curtametraxes, cuxa explotación primaria sexa a súa exhibición en salas cinematográficas.

Revisión01/01/2017 - 31/12/2018Táboas salariais 2017 e 2018
Convenio18/05/2016 - 31/12/2019Convenio 2016-2019