Hostalaría da Provincia de Lugo
O presente convenio colectivo de traballo rexerá para toda a provincia de Lugo, regulando as relacións de traballo entre as empresas e os traballadores e a quen sexa de aplicación o III Acordo Laboral de ámbito estatal do sector de hostalería, aprobado por Resolución de 14 de abril de 2005 [BOE do 5 de maio]. En todo o que non estea modificado polo presente texto de convenio será de aplicación, subsidiariamente, o mentado Acordo Laboral e as normas contidas no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
| Revisión | 01/01/2008 - 31/12/2009 | Revisión salarial 2008-2009 |
| Revisión | 01/01/2006 - 31/12/2007 | Revisión salarial 2006-2007 |
| Convenio | 01/01/2005 - 31/12/2009 | Convenio 2005-2009 |



