La Región, S.A.

O presente convenio colectivo afectará todo o persoal que preste os seus servizos na empresa, mediante contrato laboral, calquera que fosen os seus labores. Quedan expresamente excluídos quen desempeñen funcións de alto consello, alto goberno e alta dirección; profesionais liberais vinculados por contratos civís de prestación de servizos; asesores; os correspondentes e colaboradores que teñan formalizado contrato civil coa empresa no que exclúa a relación laboral; os colaboradores a peza e os que non manteñan unha relación continuada coa empresa; os axentes comerciais e publicitarios que traballen para La Región Sociedad Anónima, con liberdade de representar outras empresas dedicadas a igual ou diferente actividade; ao persoal pertencente a empresas concesionarias de servizos que teña formalizado un contrato civil de prestación de servizos con La Región.

Convenio01/01/2006 - 31/12/2006Convenio 2006