Lavandería do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), concesionaria Linorsa

O presente convenio colectivo será de aplicación ao persoal de limpeza que presta os seus servizos na Lavandería da Grela na Coruña para a empresa adxudicataria no mencionado servizo, que actualmente é a empresa Limpiezas del Noroeste S.A (LINORSA). Afecta tamén todas as empresas que no futuro poidan resultar adxudicatarias deste servizo.

O presente convenio colectivo iniciará a súa vixencia o 1 de marzo de 2009, con carácter indefinido, e pode ser denunciado aos efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural, seguindo vixente en todos os seus contidos e sendo de plena aplicación ate que sexa substituído por outro convenio negociado entre as partes.

Convenio01/01/2009 - 31/12/2015Convenio Linorsa na lavandería do CHUAC