Lecer educativo e animación sociocultural

O presente convenio regula as relacións laborais nas empresas e/ou entidades, privadas, dedicadas á prestación de servizos de lecer educativo e animación sociocultural, consistente en actividades complementarias á educación formal co obxectivo de desenvolver hábitos e habilidades sociais como forma de educar integralmente a persoa, cuxa actividade principal comprenda algunha das seguintes actividades:

a) Actividades de educación no lecer, actividades de educación non formal, de garda e custodia en período de transporte escolar, actividades educativas no comedor escolar, de patio, extraescolares e aulas matinais, reforzo escolar, campamentos urbanos,...

b) Animación sociocultural, organización e xestión de servizos socioculturais e educativos, tanto de equipamentos como de programas socioculturais, como os dirixidos a centros cívicos e culturais, bibliotecas, salas de lectura e encontro, equipamentos xuvenís, servizos de información xuvenil, ludotecas, centros de tempo libre, museos, semanas culturais, exposicións, talleres, actividades de dinamización do patrimonio e, en xeral, calquera tipo de xestión de equipamentos, programas e acontecementos de acción sociocultural e cultural de educación no tempo libre,...

c) Casas de colonias e albergues infantís e xuvenís, campamentos, centros de interpretación ambiental, actividades e programas de educación ambiental e outros equipamentos, actividades asimilables aos anteriores e servizos educativos ao aire libre na contorna natural e urbana.

A relación efectuada non se entende pechada, polo que se considera incluída calquera outra actividade que exista ou de nova creación, sempre que a súa función poida ser encadrada na relación anterior.

Quedan excluídas do ámbito funcional aquelas actividades de acción e intervención social encamiñadas a detectar, paliar e corrixir situacións de risco de exclusión social. Así mesmo quedan excluídas aquelas actividades de educación e interpretación ambiental non integradas en programas de lecer educativo e animación sociocultural.

Convenio01/01/2014 - 31/12/2016Convenio 2014-2016
Revisión01/01/2014 - 31/12/2016Modificación convenio 2014-2016
Revisión01/01/2012 - 31/12/2012Táboas salariais 2012
Convenio01/01/2011 - 31/12/2012Convenio 2011-2012