Limpeza do Hospital Teresa Herrera-Materno Infantil da Coruña, (anterior concesionaria Rámel, agora Eurolimp)
Este convenio colectivo regula as relacións laborais e de traballo, entre a empresa concesionaria dos servizos de limpeza do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e os seus traballadores, a dita relación básica está establecida na Ordenanza laboral da limpeza de edificios e locais.
Este convenio iniciou a súa vixencia o día 1 de xaneiro de 2004, con carácter indefinido, podendo ser denunciado para os efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural, seguindo vixente en todos os seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado entre as partes.
| Convenio | 01/01/2007 - 31/12/2015 | Laudo arbitral sobre a xubilación |
| Convenio | 01/01/2004 - 31/12/2015 | Convenio da limpeza do Materno Infantil |



