Orquestras de verbena

Este convenio colectivo do sector das orquestras de Galicia aplicarase ás empresas e aos seus traballadores e traballadoras que na Comunidade Autónoma de Galicia realicen actividades musicais destinadas a ser executadas en locais pechados ou ao aire libre.

Este convenio colectivo afectará a todas as empresas con persoal artístico: músicos instrumentistas, cantantes e persoal técnico, cuxo obxecto social sexa amenización da música de baile en directo, con ou sen coreografía.

Neste sentido, estarán afectadas por este acordo todas aquelas empresas que leven a cabo actividades musicais en verbenas, sesión vermú, festas ao aire libre, salas de baile, discotecas, restaurantes, vodas, gravacións fonográficas, videográficas e actuacións nos medios audiovisuais, así como aquelas actividades complementarias, conexas ou similares, coa condición de que a actividade principal sexa o espectáculo musical de baile en directo, tanto en espazos ao aire libre como cubertos.

Convenio01/01/2017 - 31/12/2018Convénio 2017-2018