Pompas Fúnebres

Este convenio colectivo afectará todas as empresas dedicadas á actividade de pompas fúnebres radicadas ou que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, así como todas aquelas que puidesen crearse ou establecerse e a todos os traballadores, empregados delas, calquera que fose a súa categoría profesional, tanto fixos como eventuais, con independencia do tempo que leven traballando nestas.

Considéranse empresas funerarias e de pompas fúnebres as que presten os seguintes servizos: traslado e recollida de cadáveres e restos dentro do territorio nacional e internacional, provisión de féretros e instalación de capelas ardentes e realización de cantas xestións sexan necesarias ante as autoridades gobernativas, sanitarias, consulares, xudiciais e municipais e calquera outro órgano público ou privado, para a prestación dos servizos funerarios, contratando por conta do cliente todo o relacionado con estes servizos.

Así mesmo, quedan incluídas dentro deste convenio colectivo as actividades de tanatorio, velorio, acondicionamento e manipulación de cadáveres e crematorios.

Quedan excluídas do convenio as relacións a que se refire o artigo 1, punto 3ºRCL 1995\997 do Estatuto dos traballadores.

Revisión01/01/2017 - 31/12/2017Táboas salariais 2017
Convenio01/01/2015 - 31/12/2018Convenio 2015-2018
Revisión13/01/2014 - 31/12/2014Acordo sobre o día de asuntos propios do artigo 36,G
Revisión01/01/2014 - 31/12/2014Táboa Salarial 2014
Convenio01/01/2013 - 31/12/2013Táboas salariais 2013
Revisión01/01/2013 - 31/12/2013Corrección de erros. Anexo Libro de rexistro de Servizos prestados
Convenio01/01/2012 - 31/12/2014Convenio 2012-2014
Convenio01/01/2011 - 31/12/2011Revisión salarial 2011
Revisión01/01/2010 - 31/12/2010Revisión salarial 2010
Revisión01/01/2009 - 31/12/2009Revisión salarial 2009
Convenio01/01/2008 - 31/12/2011Convenio 2008-2011
Convenio01/01/2008 - 31/12/2011Emenda do convenio 2008-2011