Restauración colectiva

De acordo co previsto no artigo 59.1 do Acordo Laboral Estatal de Hostelaría o ámbito de aplicación funcional será o das empresas e traballadoras e traballadores do sector de Restauración Colectiva, entendéndose este servizocomo aquel que é realizado por unha empresa interposta entre a empresa principal (cliente) e o comensal, presta un servizo hostaleiro e procede a elaborar e transformar os alimentos mediante un sistema e organización propias, nas instalacións do mesmo cliente ou nas súas propias, servindo sempre con posterioridade ditos alimentos nos espazos habilitados ao efeito polos clientes e percibindo por isto unha contraprestación.

Inclúense os servizos hostaleiros prestados en virtude de concesións administrativas polas empresas pertencentes ao subsector de restauración coletiva. Son de restauración colectiva as empresas que, mediante un contrato ou unha concesión administrativa, sirvan comidas e/ou bebidas a contixentes particulares e non ao público en xeral.

Exclúense do ámbito deste convenio as actividades de cátering aéreo e a hostalaría tradicional que se presta en espazos destinados ao transporte.

 

Convenio01/01/2015 - 31/12/2018I Convenio coletivo de Restauración colectiva
Convenio01/01/2015 - 31/12/2018Modificacións do convenio colectivo