Veicar

O presente convenio afecta a todos os traballadores laborais fixos, temporais, contratados a tempo parcial, fixos periódicos descontinuos baixo calquera outra modalidade contractual admitida pola lexislación laboral vixente, que prestan os seus servizos nos parques de bombeiros comarcais xestionados pola empresa Veicar e incluídos nos contratos firmados co Consorcio Provincial Contraincendios de Salvamento de A Coruña.

Quedan excluídos do ámbito do presente convenio:

- O persoal ou profesional cuxa relación de servizos se derive dun contrato administrativo para a realización de traballos concretos ou específicos.

- O persoal que desfrute de bolsas concedidas por Veicar, ou procesos de formación.

O presente convenio, do cal a súa duración se expenderá ata o 31 de decembro do 2007, terá efecto ó día seguinte da súa sinatura, independentemente da súa publicación no DOGA ou BOP. 

Considerarase denunciado á data do seu vencemento. Dende entón será prorrogado na mentres non se substitúa por outro convenio colectivo.

Revisión01/04/2016 - 31/12/2017Acordo de modificación de varios artigos
Revisión10/01/2014 - 31/12/2015Laudo Arbitral sobre quendas de 24 horas
Revisión09/12/2013 - 31/12/2015Ultraactividade do convenio 2007-2015
Convenio01/01/2007 - 31/12/2015VEICAR_Parques_de_bombeiros_2007.pdf