Empresarios e sindicatos españois deixan sen efecto a suba de 2012

22/3/12.A maioría das asociacións empresariais da seguridade privada e as centrais UGT, USO e CC.OO pactaron ampliar a vixencia do convenio sectorial dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Patróns e sindicatos españois tamén conviñeron deixar sen efecto para 2012 o incremento salarial previsto no artigo 73 do texto, que estabelecía unha suba do 4´4%. CIG-Servizos foi o único sindicato que non subscribiu este acordo.

A maior parte dos colectivos empresariais e UGT, CC.OO e USO acordaron non aplicar este ano o incremento retributivo previsto no convenio. Do mesmo modo, decidiron ampliar o ámbito temporal do texto até o 31 de decembro de 2014 e, unha vez finalizado o prazo previsto e en caso de non atinxirse acordo, a vixencia do convenio mesmo podería estenderse até o ano 2018.

Patronal e sindicatos españois reuniranse a medidos de abril para desenvolver os puntos do presente acordo.

Máis unha vez, a crise do sistema capitalista serve de desculpa para recortar dereitos e tirar polo chan as conquistas da clase traballadora.