ATRASOS

Velaquí vos vai un exemplo de escrito para reclamar os atrasos ante a empresa. Este documento está destinado ás compañeiras que traballaron con nós durante 2008 e parte do 2009 nos centros de traballo da provincia da Coruña (Compostela, Ferrol e A Coruña). Pese a que xa non son empregadas de Pimkie, estas compañeiras teñen o mesmo dereito que as demais a percibir os atrasos.

O escrito, unha vez cuberto cos datos persoais e co número de conta onde realizar o ingreso, deberá ser remitido a Recursos Humanos vía fax (93 861 90 35).

Abonda con que premades na ligazón para poder descargar a proposta de escrito para reclamar os atrasos.

AdxuntoTamaño
ATRASOS.doc22 KB