As afiliadas da CIG en Pimkie inauguramos blog
20/10/09.As delegadas de persoal da CIG en Pimkie dámosvos a benvida a este blog, no que informaremos as afiliadas e ao conxunto das empregadas daquelas cuestións de interese que nos afectan no día a día no traballo. Aportaremos documentos, información acerca dos convenios colectivos e toda clase de consellos e recomendacións.
Esperamos que o blog sexa do voso agrado.