A Xunta recúa e non se abrirán máis domingos e festivos dos 8 permitidos
22/4/10.Hoxe tivo lugar o Consello da Xunta no que se pretendía aprobar o decreto que ampliaba 4 días máis as aperturas en Compostela, e 2 no resto de concellos galegos co pretexto do Xacobeo.Feijoo e os seus discípulos deron marcha atrás nas súas aspiracións e mantéñense as datas autorizadas por lei para o que resta de ano. Son as seguintes:
- 4 de xullo
- 5 de decembro
- 12 de decembro
- 19 de decembro
- 26 de decembro
Lembrar que o noso convenio no artigo 11 bis recolle que o traballo en domingos e festivos será voluntario por parte d@s traballador@s, así que, por moito que queiran abrir, nós non estamos obrigad@s a ir a traballar.
