Lexislación Laboral

Real Decreto Lei 10/2010, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo

Real Decreto Lei 10/2010, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, publicado no BOE o 17 de xuño e en vigor desde o día posterior. Actualmente está a ser tramitado polas Cortes Xerais españolas como proxecto de lei e, por tanto, é susceptíbel de ser modificado.

Estatuto dos traballadores

Normativa laboral básica. Actualizado. Contén as últimas modificacións que introduciu o Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo.

Lei de Conciliación da vida familiar e laboral

Lei que regula os dereitos de redución da xornada, maternidade, lactancia, días de asuntos propios retribuídos para acudir a consultorios con menores, e todas as materias relacionadas coa vida persoal.

Lei de Igualdade

Lei que regula a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Lei de Prevención de Riscos Laborais

Regula todos os aspectos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo.

Lei Orgánica de Liberdade Sindical

Lei que regula a actuación sindical no mundo laboral.

Lei Xeral da Seguridade Social

Lei que regula os pagamentos á Seguridade Social, as prestacións e as pensións, servizos e asistencia social, mutuas e accidentes de traballo, inspección e infracción.

Orde de compensación de gastos de transporte en casos de asistencia sanitaria derivada de riscos profesionais

Orde TIN/971/2009, de 16 de abril, pola que se estabelece a compensación de gastos de transporte nos casos de asistencia sanitaria derivada de riscos profesionais e de comparecencias para a realización de exames ou valoracións médicas. (BOE nº 97 de 21 de abril de 2009)