Modificación do artigo 21.2 do convenio relativo á xubilación parcial

28/2/11.

O 26 de xaneiro, nunha reunión da Comisión Paritaria, UXT, CC.OO., USO e FETICO decidiron alterar o texto do artigo 21.2 do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia da Coruña, de tal maneira que fica así:

2. XUBILACIÓN PARCIAL

a) Os traballadores que alcanzaran a idade de sesenta e cinco anos e reúnan os requisitos para causar dereito a esta, poderán acceder á xubilación parcial sen necesidade da celebración simultánea dun contrato de relevo. b) Así mesmo, os traballadores que reúnan as condicións esixidas pola normativa vixente no momento da sinatura do convenio para ter dereito á pensión de xubilación con excepción da idade, que non poderá ser inferior á idade que legalmente proceda, poderán acceder á xubilación parcial, nas condicións previstas no apartado 6 do artigo 12 do Estatuto dos traballadores, sendo necesaria a celebración dun contrato de relevo. O pase á situación de pensión de xubilación parcial en ámbolos dous supostos será compatible cun posto de traballo a tempo parcial. O réxime xurídico da xubilación parcial a que se refiren os apartados anteriores será o que regulamentariamente se estableza na normativa vixente no momento da publicación do convenio.

A modificación deste artigo foi publicada no BOP 28 de febreiro de 2011.