Pompas Fúnebres

Estado do convenio: En vigor

Táboa salarial revisada para 2014, no DOG

13/3/14.

Publicada no Diario Oficial de 13 de marzo a táboa salarial revisada para 2014.

Publicado no DOG acordo sobre o día de asuntos propios previsto no artigo 36,G

17/1/14.

O Diario Oficial de Galicia de 13 de xaneiro recolle nas súas páxina a acta da comisión paritaria do convenio colectivo autonómico, na que se refliten os acordos sobre o día de asuntos propios previsto no artigo 36, apartado G, do dito convenio colectivo.

Publicado no DOG a corrección de erros relativa ao Anexo Libro de rexistro de Servizos prestados

30/1/13.

No Diario Oficial de Galicia do 30 de Xaneiro publicouse un Acta de corrección de erros relativa á aprobación das táboas salariais para o ano 2013 no sector das Pompas Fúnebres. En concreto modifícase o libro de rexistro de servizos prestados.

Publicado no DOG as táboas salariais para o ano 2013

14/1/13.

No Diario Oficial de Galicia do 14 de Xaneiro de 2013 veñense de publicar as Táboas salariais para o ano 2013 que rexen aos traballadores e ás traballadoras do sector das Pompas Fúnebres en Galicia

O DOG publica o convenio de 2012-2014

27/3/12.

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 27 de marzo de 2012, publicou o convenio de Pompas Fúnebres correspondente ao período 2012-2014.

Revisión salarial 2011

18/2/11.

Revisión salarial 2011, publicada no DOG do 18 de febreiro de 2011.

Revisión salarial de 2010

01/3/10.

Revisión salarial do ano 2010 do convenio de Pompas Fúnebres.

O DOG publica as táboas de 2009

03/9/09.

As táboas salariais de 2009 do convenio de Pompas Fúnebres, de ámbito autonómico, xa entraron en vigor ao seren publicadas polo DOG (Diario Oficial de Galiza).