Residencias Privadas da Terceira Idade

Estado do convenio: Negociación paralizada

Acordo para o pagamento de atrasos salariais dos dous últimos anos

19/12/14.

O Boletín provincial da Coruña recolle o acordo da comisión paritaria coas táboas salariais de atrasos dos anos 2013 e 2014 de aquelas empresas que optaron por aboar de xeito fraccionado o incremento salarial pactado para o ano 2013.

Publicada no DOG unha aclaración sobre as revisións salariais

10/2/14.

O día 10 de febreiro, o Diario Oficial de Galicia recolle o texto dun acordo da comisión paritaria, que recolle unha aclaración sobre a interpretación dun punto do Convenio vigorante, e algunhas correccións ao dito texto.

Publicado no DOG o Convenio 2009-2015

27/11/13.

O Diario Oficial de Galicia de 27 de Novembro incluiu a publicación do convenio colectivo do sector na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009-2015.

Publicadas no DOG as Táboas salariais para o ano 2013

05/4/13.

No Diario Oficial de Galicia do 5 de Abril de 2013 veñense de publicar as Táboas salarias para o ano 2013 do convenio colectivo das Residencias privadas da terceira idade

O DOG publica a revisión salarial do ano 2012

03/4/12.

Publicada no DOG do 3 de abril de 2012 a revisión salarial deste ano do convenio galego de residencias privadas da terceira idade.

O DOG publica a revisión salarial dos anos 2009 e 2010

13/4/10.

Publicada no DOG do 14 de abril a revisión salarial dos anos 2009 e 2010 co convenio galego de residencias privadas da terceira idade.

CIG-Servizos aposta por dinamizar as negociacións do convenio de xeriátricos

28/3/10.CIG-Servizos e CC.OO manifestaron a súa disposición a dinamizar a negociación do convenio de xeriátricos co estabelecemento dun calendario de reunións semanais até a segunda quincena de maio. As mobilizacións impulsadas por ambos sindicatos contribuíron a que a patronal incrementase a súa oferta salarial na última xuntanza da comisión negociadora, o 29 de marzo. Os empresarios pasaron de defender unha suba do 0´3% a propor agora aumentos de entre o 3 e 5%.

Os empresarios desbotan a nova plataforma da CIG-Servizos e CC.OO

23/2/10.A patronal das residencias privadas da terceira idade rexeitou a plataforma de convenio que presentaran hai un mes CIG-Servizos e CC.OO, pese a que rebaixaba as pretensións económicas da parte social. Ambos sindicatos anunciaron que, de non haber acordo na reunión da comisión paritaria, solicitarán unha arbitraxe. Os empresarios, pola súa banda, aseguran que non aceptarán subas que superen o 1%.

Aprobadas as revisións salariais de 2009 e 2010

10/2/10.

A Comisión Paritaria do convenio de residencias privadas da terceira idade aprobou as revisións salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.

CIG-Servizos e CC.OO reformulan a plataforma de convenio de xeriátricos

15/1/10.CIG-Servizos e CC.OO, en cumprimento do acordado en asemblea de traballadores, remitiron aos empresarios e a UGT unha plataforma de convenio de xeriátricos que contén algunhas modificacións con respecto ao texto inicial presentado en abril de 2009 polo conxunto da parte social.

Racha a mesa negociadora das Residencias Privadas da Terceira Idade

18/9/09.

A postura intransixente e as propostas involucionistas da patronal en materia salarial e de dereitos dos traballadores e traballadoras ocasionaron que a parte social rachase a mesa de negociación do convenio galego de Residencias Privadas da Terceira Idade.

CIG-Servizos informará os empregados e empregadas do sector en asembleas do acontecido na última xuntanza negociadora, o 17 de setembro, onde os empresarios continuaron coa súa actitude despótica propondo ofertas completamente regresivas. En breve coñecerase o calendario de mobilizacións.

Acta 6ª: 28 de xullo

10/9/09.

Acta da sexta reunión da mesa negociadora do convenio galego de Residencias Privadas da Tercira Idade. A vindeira xuntanza hase celebrar en Compostela o 17 de setembro, a partir das 17:00 horas.

Reunión 5ª: 20 de xullo de 2009

19/7/09.

Acta da quinta xuntanza da mesa negociadora do Convenio Galego de Residencias Privadas da Terceira Idade, celebrada o 20 de xullo de 2009.

Reunión 4ª: Seguen sen incluírse melloras na xornada

01/7/09.

A parte social manifesta a súa desconformidade coa pretensión da patronal de non introducir melloras na xornada. As partes volveranse reunir o 20 de xullo para negociar artigo por artigo a proposta sindical.

Reunión 1ª: 30 de abril de 2009

29/4/09.

O arquivo adxunto contén a acta da primeira reunión da mesa negociadora, realizada o 30 de abril, ademais dun panfleto valorativo da CIG-Servizos, UGT e CC.OO.

Constitución da mesa negociadora

14/4/09.

Acta de constitución da mesa negociadora do convenio.