Comercio de Alimentación da Provincia da Coruña

Estado do convenio: Negociación paralizada

Publicado no BOP da Coruña o Convenio colectivo para os anos 2012 a 2015

26/6/13.

No Boletin Oficial da Provincia da Coruña do 26 de Xuño de 2013 vense de publicar o Convenio colectivo para os anos 2012, 2013, 2014 e 2015  que rexe ás traballadoras e aos traballadores do sector do Comercio de Alimentación na provincia da Coruña

Modificación do artigo 21.2 do convenio relativo á xubilación parcial

28/2/11.

O 26 de xaneiro, nunha reunión da Comisión Paritaria, UXT, CC.OO., USO e FETICO decidiron alterar o texto do artigo 21.2 do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia da Coruña, de tal maneira que fica así:

O BOP publica o convenio dos anos 2009-2011

04/3/10.

O BOP publicou, o 4 de marzo, o convenio dos anos 2009-2011 do comercio de alimentación da provincia da Coruña. Preme no arquivo adxunto para obter a versión en galego do devandito texto.

Rubricado o convenio dos anos 2009-2011 sen a sinatura da CIG-Servizos

27/1/10.

CC.OO, UGT e USO asinaron o convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia da Coruña do período 2009-2011.

CC.OO e UGT rubrican un preacordo no comercio de alimentación coruñés sen consultalo cos traballadores

04/12/09.CC.OO e UGT asinaron coa patronal, o 4 de decembro, un preacordo sobre o convenio do comercio de alimentación da provincia da Coruña que desconvoca a folga do día 9 e que ignora as necesidades do persoal dos almacéns e oficinas. Ambas centrais rubricaron o texto sen consultalo previamente cos traballadores/as. O 10 de decembro o preacordo será sometido a votación en asembleas na Coruña, Compostela e Ferrol.

Acta 5ª: O Comercio de Alimentación baralla a folga como medida para desbloquear a negociación

06/11/09.

A última xuntanza da negociación do convenio do Comercio de Alimentación da Coruña, o 6 de novembro, supuxo a ruptura definitiva entre a parte social e a patronal, do mesmo xeito que aconteceu en Pontevedra semanas atrás. Agora, o persoal de ámbalas dúas provincias está convocado a asembleas o 17 e 18 de novembro, nas que posibelmente se acorde a convocatoria de folga no sector.

Acta 4ª: 3 de xullo. A patronal quere empeorar as condicións laborais do persoal

03/7/09.

Acta 4ª.

A patronal do Comercio de Alimentación da Provincia da Coruña presentou, na cuarta reunión da mesa negociadora, unha oferta lesiva para os intereses dos traballadores. A proposta empresarial fundaméntase nos seguintes puntos:

Acta 3ª: 22 de xuño

22/6/09.

Acta terceira da comisión negociadora do convenio de Comercio de Alimentación da provincia da Coruña.

Acta 2ª: 3 de xuño

03/6/09.

Segunda acta da mesa negociadora do Comercio de Alimentación da Coruña.

Plataforma sindical conxunta

01/5/09.

Facilitamos no seguinte arquivo a plataforma sindical conxunta das centrais CC.OO, USO, UGT e CIG do convenio do Comercio de Alimentación da provincia da Coruña.