17/6/10.Mediación na sede do Departamento Territorial da Consellería de Traballo na que os empresarios e UGT e CC.OO alcanzaron un acordo consistente nos seguintes puntos:
- Vixencia do convenio: 2010-2011.
- Incremento salarial do 1´5% para 2010 con efectos retroactivos desde o 01/01/2010.
- Durante o segundo ano de vixencia o incremento será o resultado de actualizar as táboas salariais na diferenza entre o 1´5% e o IPC real de 2010. Actualizada a táboa salarial, os salarios para 2011 incrementaranse no IPC real de 2010 + 0´2%. Esta actualización de táboas non implica efectos económicos, isto é, non se abonarán atrasos referidos ao 2010.
CIG-Servizos non vai asinar o convenio pois non se tiveron en consideración demandas contidas na súa plataforma.