Comercio de Alimentación da Provincia de Pontevedra

Estado do convenio: Negociación paralizada

Publicado no BOP de Pontevedra o Convenio colectivo para o anos anos 2012 a 2015

19/6/13.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 19 de Xuño de 2013 vense de publicar o novo Convenio colectivo para os anos 2012, 2013, 2014 e 2015 que rexe ás traballadoras e traballadores do sector do Comercio de Alimentación da Provincia de Pontevedra

Entra en vigor o convenio do período 2009-2011

17/3/10.

Entra en vigor o convenio dos anos 2009, 2010 e 2011 do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra.

CC.OO, UGT e FETICO asinan un preacordo no comercio de alimentación pontevedrés

03/12/09.As centrais CC.OO, UGT e FETICO asinaron un preacordo no convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra no decurso dun AGA que se estendeu desde as 16:00 horas do 2 de decembro até as 02:00 horas do día posterior. CIG-Servizos non rubricou o texto ao estar en desacordo coa vixencia (tres anos) e co incremento retributivo, entre outras cuestións. O persoal está convocado a asembleas, o 4 de decembro ás 22:00 horas nos locais da CIG en Vigo e Pontevedra, para someter a votación o preacordo.

Acta 9ª: 29 de setembro

29/9/09.

Acta da novena xuntanza da comisión negociadora do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, desenvolvida o 29 de setembro.

Acta 8ª: 22 de setembro

22/9/09.

Acta oitava da comisión negociadora do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra.

Acta 7ª: 14 de setembro. Segue o inmobilismo da patronal

14/9/09.

Acta sétima da comisión negociadora do convenio do Comercio de Alimentación provincial de Pontevedra. A patronal segue enrocada no inmobilismo.

Panfleto convocando unha asemblea sobre o convenio

11/9/09.

A patronal teima en ofrecer unha proposta regresiva fundamentada nun incremento salarial do 1% para o ano 2009, un convenio con catro anos de vixencia, conxelar a antigüidade e eliminar as baixas ao 100%, así como suprimir a compensación e absorción.

Coa intención de estudar que tipo de respostas se poden dar para plantar cara a este desafío patronal, o persoal do sector foi convocado polos sindicatos CIG, UGT, CCOO, FETICO e USO a unha asemblea que se ha celebrar en Vigo o 17 de setembro no salón dos Salesianos (rúa Venezuela), a partir das 22:00 horas.

Acta 6ª: 2 de setembro

02/9/09.

Acta da sexta reunión da comisión negociadora do convenio do Comercio de Alimentación de Pontevedra, realizada o 2 de setembro.

Acta 5ª: 12 de agosto

12/8/09.

Acta quinta. 12 de agosto.

Acta 4ª: 28 de xullo

28/7/09.

Acta cuarta. 28 de xullo.

Acta 2ª: 8 de xullo de 2009

08/7/09.

Acta da segunda reunión da mesa negociadora (08/07/2009).

Acta 1ª: 23 de xuño de 2009

23/6/09.

Acta da primeira xuntanza da mesa negociadora do convenio, celebrada o 23 de xuño.

Anteproxecto da CIG do convenio colectivo dos anos 2009-2010

21/6/09.

Premendo nos arquivos adxuntos poderás coñecer o anteproxecto que elaborou a CIG do convenio colectivo do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra dos anos 2009-2010, así como as plataformas empresarial e dos sindicatos CC.OO, UGT, FETICO e USO.