26/5/10.CIG-Servizos, malia ter asinado o preacordo, non rubricou finalmente o convenio do comercio de materiais de construción da provincia de Pontevedra como consecuencia da negativa da patronal ASEMACO e de CC.OO e UGT de redactar o texto en galego. Os empresarios e os sindicatos españois xustificaron o seu comportamento alegando que se trata “dun capricho da CIG”.