Empresas de elaboración de produtos do mar con procesos de conxelación e refrixeración

Estado do convenio: Negociación paralizada

Publicado no BOE o convenio 2008-2010, que non asinou a CIG-Servizos

30/3/11.

O BOE do 30 de marzo de 2011 publicou o convenio 2008-2010. O presente texto non foi asinado pola CIG-Servizos.

UGT e CC.OO asinan o convenio do período 2008-2010 coa oposición da CIG

18/1/11.

A CIG non asinou o convenio 2008-2010 de empresas de elaboración de produtos do mar con procesos de conxelación e refrixeración, rubricado por patronal, UGT e CC.OO o 18 de xaneiro de 2011.