CESPA, S.A. - Servizo público de conservación e reposición de zonas verdes do Concello de Vigo

Estado do convenio: Negociándose

Publicado no BOP o convenio vixente para os anos 2014 e 2015

30/9/14.

O boletín provincial de Ponte Vedra de 30 de setembro recolle o texto do convenio colectivo que terá vixencia para os anos 2014 e 2015.

Publicado no BOP de Pontevedra o convenio colectivo do ano 2011 ao 2013

02/11/12.

O pasado 2 de Novembro de 2012 o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ven de publicar o novo convenio colectivo para os anos 2011 ao 2013 da empresa Cespa, S.A. para o seu persoal adscrito ao servizo público de conservación e reposición das zonas verdes do Concello de Vigo

Atinxido un preacordo sobre o convenio

12/7/11.A asemblea do persoal de Cespa do servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo aprobou, o 12 de xullo, a oferta de convenio presentada pola empresa. CIG-Servizos considera o preacordo un avance pero insuficiente pois non contempla revisión salarial, circunstancia que repercutirá negativamente no poder adquisitivo dos empregados e empregadas. Do mesmo xeito, o pacto vincula o día de asuntos propios ao absentismo laboral, condición que non comparte o sindicato. Porén, acordouse a creación de seis contratos fixos, dúas persoas por cada ano de vixencia. O comité rubricará o documento con Cespa nos vindeiros días.

O preacordo recibiu 37 votos favorábeis e 32 en contra. Houbo 8 abstencións.

Principais puntos do documento:

  • Vixencia: 3 anos (2011, 2012 e 2013).
  • Incremento salarial:
  1. Ano 2011: 14 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade e 21 euros nun plus non cotizable de nova creación. Todo isto fai un total de 40 euros de aumento en 16 pagas.
  2. Ano 2012: 24 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade e 11 euros nun plus non cotizable de nova creación. Todo isto fai un total de 40 euros de aumento en 16 pagas.
  3. Ano 2013: 30 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade. Todo isto fai un total de 35 euros de aumento en 16 pagas.

- Non haberá revisión salarial para ningún dos anos.

  • Creación doutro plus de 25 euros por non solicitar roupa no verán. Por non pedila no inverno daranse 50 euros.
  • Emprego fixo: faranse seis contratos fixos, dúas persoas para cada ano de vixencia do convenio.
  • Vacacións: aqueles traballadores/as que gocen as vacacións durante un mes continuado, e que lles coincida un festivo nese mes, non o perderán e se engadirá dito día as vacacións.
  • Asuntos propios: un día máis a cambio de vinculalo ao absentismo no traballo.